viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA DUN ANIMAL

 Troita


  1. Introducción:

Definimos necropsia como un exame completo do cadáver dun animal para determinar acomprobando que non teñen lesións. 

Realizamoslle a necropsia a unha troita para poder determinar as causas da súa morte.


 


  1. Materiais:.


Os materiais que precisamos para realizar a necropsia son: 


  1. Cubeta de disección.
  2. Tesoiras.
  3. Pinzas de disección.
  4. Bisturí.
  5. Guantes
  6. O animal 



       

  1. Pasos a seguir para realizar a necropsia correctamente:



  •   Realizar un exame externo: Para iso necesitamos saber as partes do animal e donde están situadas.



   Unha vez situadas debemos realizar unha inspección da pel, aletas, ollos, boca e branquias. Así podemos descartar alguns motivos da morte e saber canto tempo fai da morte do animal, neste caso sabemolo polas branquias. Se as branquias teñen cor vermella ou simular, fai pouco que o animal está morto, pola contra si as branquias teñen unha cor máis clara, sabemos que o animal leva morto días. Isto pasa nos peixes, pero noutros animais como os mamíferos, podemolo saber xa que aos días da sua morte comenza a oler mal. 

   Unha vez comprobado que a parte externa, neste caso da troita, está intacta, debemos facer unha inspección interior o animal. 


  • Realizar un exame interno:  Para iso debemos facer unha inspección, neste caso ao ser unha troita, dende o ano ata a mandíbula. 




 Realizando o exame interno debemos extraer para analizar:


  • Ollos

  • O aparello dixestivo, composto polo estómago, cegos pilúricos e intestino

  • Vexiga natatoria

  • Encéfalo 

  • Bazo

  • Fígado

  • Corazón

  • Branquias

  • Ovarios, ainda que no noso caso non o tiñan por ser unha troita pequena. 





Frotis


  1. ¿ Qué é un frotis sanguíneo? 

   O frotis sanguíneo é un exame que se realiza a partir dunha extracción de sangue, a partir del podemos saber o número e a forma das células sanguíneas do animal ao que se lle realice esta proba. 

 

  1. Os materiais que precisamos son:

 

  1. -Unha troita

  2. -Unha xeringa

  3. -Dous portaobxectos

 

 

         3. Pasos a seguir para realizar a necropsia correctamente

  1. Extraer sangue da troita, para isto debemos saber que a xeringa debemola clavar debaixo da liña lateral pola parte da cola.

  2. A continuación coa sague extraída poñemos unha gota nun portaobxectos. Co outro portaobxectos extendemos a gota. 

  3. Deixámola secar para tinguila con diferentes tintes. Primeiro na tinción azul claro, logo na tinción rosa e por último na tinción morada. (Sumerximos 5 veces en cada tinte). Despois aclárase con auga e déixase secar para poder vela no microscopio.

 

Paso 2:

 

Paso 3: 

 




          4.  Analizamos a mostra baixo o microscopio. 

Unha vez o frotis sanguíneo seco, observámolo baixo o microscópio e isto foi o que vimos:


    Frotis de unha troita: 



Frotis dun can:














1 comentario: