Mostrando entradas con la etiqueta NECROPSIA SX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NECROPSIA SX. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO

 NECROPSIA

A necropsia é o exame completo (externo e interno) do cadáver dun animal coa finalidade de atopar a patoloxía que lle causou a morte.

Material necesario:


  • Para a necropsia: pinzas (2), tesoiras (3), bisturí, luvas, unha bandexa (4) para depositar os órganos extraídos, unha troita (5), papel para non manchar (6) e instrucións (7) que nos axudarán a ir observando e coñecendo as distintas partes da troita ao mesmo tempo que nos servirán para seguir correctamente os pasos da necropsia.
  • Para o frotis sanguíneo: dous portaobxectos (1) (un para poñer unha gotiña de sangue e outro para estendela), unha xiringa de 1 ml de agulla fina (cor laranxa) e tres botes de tinguidura rápida (un de cor azul claro, un azul escuro e outro rosa).

O procedemento de realización dunha necropsia é o seguinte:

     1. Realizar un exame externo, observando as distintas partes da troita (ollos, aletas, pel, boca...).


Neste caso, a troita non presentaba nada anormal, pois foi comprada, polo que non padeceu unha patoloxía que lle causara a morte.


    2. Extraer o sangue da vea caudal, situada por debaixo da liña lateral, cunha xiringa para o posterior frotis sanguíneo.

    3. Realizar unha incisión coas tesoiras pola liña media desde o ano ata á mandíbula e levantar a parede abdominal para extraer os órganos.

1. Aparello dixestivo / 2. Fígado / 3. Rexión na que se atopa o corazón / 4. Bazo 
5. Vexiga natatoria
 
    4. Sacar o aparello dixestivo e separalo do bazo e do fígado coa axuda do bisturí. Desta maneira, observarase mellor o corazón para sacalo mediante o corte do bulbo arterioso.





     5. Quitar a vexiga natatoria separándoa cuidadosamente da parede abdominal cun bisturí.

1. Fígado / 2. Bazo / 3. Vexiga natatoria / 4. Corazón




    6. Extraer o ril coa axuda do bisturí.

Ril


    7. Abrir a cavidade cranial mediante un corte triangular na parte posterior da cabeza para sacar o encéfalo. 



    8. Sacar os ollos e levantar o opérculo para ver as branquias.

Branquias


Partes extraídas:




FROTIS SANGUÍNEO

Un frotis sanguíneo consiste na extensión dunha gotiña de sangue sobre un portaobxectos, coa finalidade de analizala posteriormente no microscopio.


Procedemento a seguir:

        1. Extraer sangue puncionando a vea caudal, situada baixo a liña lateral, cunha xiringa de agulla fina (de cor laranxa no noso caso).
        
       2. Colocar unha gotiña de sangue nun extremo dun portaobxectos e estendela coa axuda doutro portaobxectos.

Técnica do frotis sanguíneo


        
Gota de sangue estendida



        3. Deixar secar ao aire o sangue para tinguilo. A continuación, somérxese 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida (1º líquido azul claro, 2º tinguidura rosa e 3º líquido azul escuro), e aclárase con auga. 

Sangue tinguida



      4. Unha vez seca a preparación, observala no microscopio.

Os glóbulos vermellos dos peixes presentan núcleo, a diferencia dos mamíferos que carecen del







NECROPSIA E FROTIS DUNHA TROITA

INTRODUCCIÓN

A necropsia é o exame completo, ordenado e sistemático do cadáver dun animal ( unha troita) có fin de determinar cambios morfolóxicos en órganos e tecidos (lesións) que nos permitan coñecer a causa da morte ou da enfermidade.

Coa técnica da necropsia lévase a cabo dous tipos de exames:
  • Exame externo: no que investigaremos se a nosa troita presenta lesións externamente e para iso precisamos coñecer as suas partes.

  • Exame interno: no que coñeceremos os distintos órganos e aparatos da troita, así como tamén investigaremos se presenta lesións nalgún dos seus órganos.

Unha vez realizado o exame externo e xa coñecidas as partes da troita, vamos levar a cabo o exame interno.
Para realizalo empregaremos os seguintes materiais: 

- Recipiente                 - Pinza
- Bisturí                       - Luvas
- Tixeiras                     - Troita

METODOLOXÍA DO EXAME INTERNO:

1º. Procedemos a abrir a troita e para iso necesitaremos as tixeiras. Para abrila faremolo polo ano en liña recta hata chegar ata a barbilla, baixo o opérculo.

2º. Unha vez aberta a troita, comenzaremos a extraer os distintos aparatos, coa axuda das tixeiras, o bisturí e a pinza. O primeiro que extraeremos será o aparato dixestivo, que está formado por: cegos pilóricos, estómago, esófago, vesícula biliar, gónadas, bazo e o fígado.

3º. Xa extraído o aparato dixestivo seguimos có aparato circulatorio, que o órgano que o compón é o corazón. O órgano do corazón está formado por: aurícula, ventrículo e seno venoso. Está situado na cavidade pericárdica.

4º. O seguinte que extraeríamos sería a vexiga natatoria, que se atopa entre o aparato dixestivo e os riles, extendendose ao longo de toda a cavidade abdominal. Trátase dun órgano hidrostático que almacena aire rico en osíxeno e cuxa función principal consiste en regular a capacidade de flotación do peixe. 

5º. Seguidamente extraeremos coa axuda dun bisturí, un órgano que pertence o aparato excretor , que é o ril. Este órgano, extendido ao longo da parede dorsal do abdome, atopámolo entre a columna vertebral e a vexiga natatoria. 

6º. Por último extraeremos o aparato nervioso, para iso coa axuda das tixeiras realizaremos unha incisión triangular na parte superior da cabeza. Unha vez feito eso, atopamos o cerebro, unha estructura que xace na cavidade do cráneo, a cal os protexe dos danos. 

                                                    
                                                         Imaxe do cerebro da troita.


FROTIS SANGUÍNEO:

O frotis sanguíneo realizamolo para poder ver o microscopio as células sanguíneas, neste caso da troita.

Para realizar o frotis sanguíneo necesitaremos o seguinte material:

- Luvas                             - Un troita
- Dous portaobxectos.      - Unha xiringa de 1ml de capacidade cunha agulla fina.

En peixes que acaban de morrer é posible extraer sangue ao puncionar a vea caudal. A vea caudal atópase baixo a liña lateral. Para extraer o sangue cravamos a agulla uns milímetros por debaixo da liña lateral. 

1º. Para levar a cabo o frotis, colocamos unha gota de sangue no extremo dun portaobxectos e estendémola coa axuda do outro portaobxectos.

2º. Unha vez feito o frotis, pasaremos a tingir o sangue. Para facelo debemos deixar ue seque a sangue e seguidamente somerxelo 5 veces en cada un dos líquidos de tinguidura rápida.
Primeiro no líquido azul claro, despois na tinguidura rosa e finalmente na tinguidura azul escura. 
Unha vez realizado, aclarámola con auga da billa e cando este lista poderémola ver ao microscopio.

ANÁLISE DO FROTIS SANGUÍNEO:

Unha vez vistos ao microscopio, poderemos coñecer as células sanguíneas da nosa troita.

O resultado do noso frotis é este:



Nesta mostra vemos as células sanguíneas da nosa troita, os glóbulos vermellos. Presentan unha forma case rectangular e podemos observar que a diferenza das nosas células sanguíneas, as da troita si que presentan núcleo. 

CONCLUSIÓN

O obxectivo desta práctica era por unha parte visualizar as células sanguíneas da nosa troita e por outra parte coñecer as partes externas da troita e os seus órganos e aparatos.
Ese era o obxectivo e conseguímolo!