Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA DUN ANIMAL

 Troita


  1. Introducción:

Definimos necropsia como un exame completo do cadáver dun animal para determinar acomprobando que non teñen lesións. 

Realizamoslle a necropsia a unha troita para poder determinar as causas da súa morte.


 


  1. Materiais:.


Os materiais que precisamos para realizar a necropsia son: 


  1. Cubeta de disección.
  2. Tesoiras.
  3. Pinzas de disección.
  4. Bisturí.
  5. Guantes
  6. O animal 



       

  1. Pasos a seguir para realizar a necropsia correctamente:



  •   Realizar un exame externo: Para iso necesitamos saber as partes do animal e donde están situadas.



   Unha vez situadas debemos realizar unha inspección da pel, aletas, ollos, boca e branquias. Así podemos descartar alguns motivos da morte e saber canto tempo fai da morte do animal, neste caso sabemolo polas branquias. Se as branquias teñen cor vermella ou simular, fai pouco que o animal está morto, pola contra si as branquias teñen unha cor máis clara, sabemos que o animal leva morto días. Isto pasa nos peixes, pero noutros animais como os mamíferos, podemolo saber xa que aos días da sua morte comenza a oler mal. 

   Unha vez comprobado que a parte externa, neste caso da troita, está intacta, debemos facer unha inspección interior o animal. 


  • Realizar un exame interno:  Para iso debemos facer unha inspección, neste caso ao ser unha troita, dende o ano ata a mandíbula. 




 Realizando o exame interno debemos extraer para analizar:


  • Ollos

  • O aparello dixestivo, composto polo estómago, cegos pilúricos e intestino

  • Vexiga natatoria

  • Encéfalo 

  • Bazo

  • Fígado

  • Corazón

  • Branquias

  • Ovarios, ainda que no noso caso non o tiñan por ser unha troita pequena. 





Frotis


  1. ¿ Qué é un frotis sanguíneo? 

   O frotis sanguíneo é un exame que se realiza a partir dunha extracción de sangue, a partir del podemos saber o número e a forma das células sanguíneas do animal ao que se lle realice esta proba. 

 

  1. Os materiais que precisamos son:

 

  1. -Unha troita

  2. -Unha xeringa

  3. -Dous portaobxectos

 

 

         3. Pasos a seguir para realizar a necropsia correctamente

  1. Extraer sangue da troita, para isto debemos saber que a xeringa debemola clavar debaixo da liña lateral pola parte da cola.

  2. A continuación coa sague extraída poñemos unha gota nun portaobxectos. Co outro portaobxectos extendemos a gota. 

  3. Deixámola secar para tinguila con diferentes tintes. Primeiro na tinción azul claro, logo na tinción rosa e por último na tinción morada. (Sumerximos 5 veces en cada tinte). Despois aclárase con auga e déixase secar para poder vela no microscopio.

 

Paso 2:

 

Paso 3: 

 




          4.  Analizamos a mostra baixo o microscopio. 

Unha vez o frotis sanguíneo seco, observámolo baixo o microscópio e isto foi o que vimos:


    Frotis de unha troita: 



Frotis dun can:














Necropsia e frotis

 

Necropsia dunha troita

e

frotis sanguíneo


Este traballo dividirase en dous fases principais: a necropsia dunha troita e un frotis sanguíneo desta.

E para realizar estas dúas fases necesitaremos unha serie de utensilios:


- 1. Bandexa

- 2. Papel

- 3. Bisturí

- 4. Xeringa con agulla

- 5. Pinzas

- 6. Tesoiras

- 7. Luvas

- 8. Dous portaobxectos

- 9. Tres botes de tintura


Necropsia dunha troita

A necropsia é considerada un sinónimo de autopsia, o que sería a apertura dun corpo para a súa posterior análise, pero existe unha diferencia, que na necropsia examinase con anterioridade o exterior do corpo.

Exterior da troita:

Nesta imaxe pódense observar as diferentes partes da troita no exterior.




Interior da troita:

Antes de abrir a troita e importante que coa xeringa saquemoslle sangue para o frotis, este procedemento realizase pinchando a línea lateral da troita. Despois desto poderemos comezar co procedemento.


-Primeiro colleremos unhas tesoiras e cortaremos a troita dende o ano ata a gorxa e abrimos esta para conseguir unha mellor visibilidade do interior.

-Agora coas pinzas agarraremos o intestino desta e traerémolo cara o exterior, coas tesoiras cortarémolo polo esófago, así é como se extrae o intestino. 

-Despois extraeríase a vexiga natatoria, con moito coidado xa que podería desinflar e é recomendable sacala intacta, coas pinzas e coas tesoiras iríase despegando pouco a pouco ata extraelo completamente.

-A continuación iría o ril o procedemento para sacalo é igual có da vexiga natatoria.

-Posteriormente procederemos a quitar os ollos que se extraerían coas pinzas, simplemente sería agarrar os ollos coas pinzas e tirar pero hay que ter cuidado xa que podería romper.

-Por último extraeríase o cerebro, para extraelo teremos que facer unha incisión en forma de triángulo na cabeza e coas pinzas sacariámolo.



Frotis sanguíneo

-Despois de extraer a sangue da troita, colleremos unha pequena gota desta e deixaremola encima do portaobxectos. 

-Agora pousaremos o outro portaobxectos sobre a gota de sangue e arrastraremos este cara diante e cara atrás polo outro portaobxectos ata ter extendido toda a sangue.

-A continuación teremos que tinguir a sangue (antes é necesario deixar secar a mostra), primeiro somerxemos a mostra no tinte de cor azul claro 5 veces, despois no tinte rosa outras 5 veces e por último no tinte de cor azul escuro outras 5 veces.

-Por último aclaramos a mostra con auga, deixamos secar e xa poderíamos levar a mostra para microscopio.



Necropsia e frotis sanguíneo

Nesta práctica realizamos unha necropsia a unha troita e un frotis sanguíneo da sangue desta. Utilizaremos luvas de látex durante todo o procedemento.
 
O primeiro paso sería examinar o aspecto externo (indicaremos as partes máis adiante) da troita, o cal nos axudará a coñecer a causa da morte, pero, ao ser comprada, non será necesario facelo.
 
Para o frotis sanguíneo utilizaremos unha xiringa cunha agulla, 2 portaobxectos e 3 botes de tintura diferentes.

Buscaremos a liña lateral, pois baixo esta encóntrase a a vea caudal, da que sacaremos o sangue. Unha vez extraído, procederemos a colocar unha gota de sangue no portaobxectos e a estenderemos coa axuda doutro.
 
Tras isto realizaremos a tintura. Para isto introduciremos o portaobxectos coa mostra 5 veces en cada tinte, seguindo a seguinte orde: azul claro (panóptico 1), rosa (panóptico 2) e azul escuro (panóptico 3). Aclararemos con auga da billa e, unha vez seque, poderemos observar a preparación baixo o microscopio.
 
 
Glóbulos vermellos de peixe (con núcleo)
Glóbulos vermellos de can (sen núcleo)
 
 
 
 
Para a necropsia utilizaremos: bisturí, tesoiras, pinzas e unha caixa na cal iremos deixando os órganos extraídos.
 
Primeiro abriremos ao peixe, para iso cortaremos coas tesoiras dende o ano ata a aleta pectoral. Unha vez aberto poderemos observar os órganos internos.
 
Realizaremos un corte no intestino cerca do ano e outro na traquea para extraer os órganos citados anteriormente. Agora veremos tanto o corazón coma a vexiga natatoria e o ril (tras a vexiga natatoria). Para sacar o resto:
  • Seccionaremos o bulbo arterioso para extraer o corazón.
  • Coa axuda do bisturí iremos raspando os laterais da vexiga natatoria para separala da carne.
  • Faremos igual ca coa vexiga natatoria para extraer o ril.


Xa soamente queda por extraer os ollos e abrir a cavidade cranial. Cravaremos o bisturí con coidado nos laterais dos ollos para cortar, tentando non rompelos, e poder sacalos.
 
Abriremos a cavidade cranial realizando un corte en forma de triángulo coas tesoiras no cranio, deixando ao descuberto o encéfalo.
 
 
Material:
  1. Bandeixa (onde teremos o peixe e os órganos extraídos)
  2. Papel (para evitar manchar)
  3. Bisturí
  4. Xiringa con agulla
  5. Pinzas
  6. Tesoiras
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Partes externas:
  1. Ollos (órganos visuais)
  2. Boca
  3. Opérculo (detrás del están as branquias)
  4. Liña media (órgano sensorial)
  5. Aleta dorsal (función estabilizadora)
  6. Aleta adiposa
  7. Aleta caudal (xera empuxe)
  8. Pedúnculo (empuxe)
  9. Aleta anal (función estabilizadora)
  10. Ano (abertura do tracto dixestivo, expulsa as feces)
  11. Aleta pélvica (función estabilizadora)
  12. Aleta pectoral (participa no movemento)

















Partes internas:
  1. Esófago (comunica a boca co estómago)
  2. Estómago (onde dixire a comida)
  3. Intestino (absorción dos nutrientes)
  4. Fígado (produce bile, que axuda a dixerir graxas e proteínas, elimina deshechos da sangue e actúa coma unha reserva de alimentos)
  5. Bazo (centro de actividade do sistema inmune)
  6. Vexiga natatoria (desinflada) (órgano de flotación)
  7. Ril (elimina substancias nocivas do sangue e encárgase da osmorregulación [balance auga-sal])
  8. Ollos (órganos visuais) (non parte interna)
  9. Encéfalo (parte central do sistema nervioso)