Mostrando entradas con la etiqueta Animal CSI - Caso 4. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animal CSI - Caso 4. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

Caso 4, Copo (Can grifón)

Explicación do Caso:

Copo, un can grifón membro da Unidade Canina de Busca e Rescate da Protección Civil de Castro de Grelos, despois de pasar horas buscando a un desaparecido, atoparono xunto ao desaparecido nun monte abandonado, preto dun vertedoiro. 

Síntomas:

Presentaba pequenas feridas nun costado e unha mancha vermella no beizo. A veterinaria tamén atopou dúas carrachas detras dás súas orellas. Pasada unha semana Copo perdera o apetito, estaba moi apático, vomitaba e as súas feces eran negras.

Mostras:

Recibimos un frotis sanguíneo tinguido con panóptico rápido, que é un método de tinción diferencial para a observación das células sanguíneas. As imaxes están feitas nun microscopio cun ocular de 10 aumentos e outras lentes con diferentes aumentos.

Estas son imaxes correspondentes á mostra dada:

Aumentado dixitalmente









Aumentado dixitalmente







Aumentado dixitalmente


Debido ao pequeno tamaño do encontrado na mostra, esta está aumentada co intento de que se vexa o atopado.

Hipótese: Anaplasmosis

A anaplasmosis é unha enfermidade infecciosa causada pola bacteria Anaplasma phagocytophilum. Esta bacteria transmítese por algúns tipos de garrapatas. A  anaplasmosis acostuma presentar os seguintes síntomas ás dúas semanas da infección:

  • Vómitos e diarrea
  • Febre
  • cambios no comportamento
  • Falta de apetito
  • Trastornos de sangrado
  • Dor articular
  • Diminución plaquetas
Así se ve no microscopio:















Hipótese 2: Babesiosis

A babesia caninna é unha enfermidade parasitaria transmitida por garrapatas infectadas, ao igual que a anaplasmosis. Esta afecta principalmente aos glóbulos vermellos e conta con estos síntomas:
  • Anemia
  • Febre(moi leve)
  • cansancio 
  • perda apetito
Así se ve no microscopio:












Conclusión:

Debido ás similitudes entre as imaxes da mostra dada e o exemplo posto sacado en internet, ademáis de que os síntomas coinciden notablemente(como a falta de plaquetas, que se pode ver na mostra dada), poodemos concluír que este can padece de anaplasmosis.Tamén é posible que as feces negras deberánse a algo que o can inxeriu do vertedoiro e despois feriu o intestino do can.

Bibliografía:

https://www.expertoanimal.com/anaplasmosis-en-perros-sintomas-y-tratamiento-24079.html

https://www.angoras.co.za/article/gallsickness-anaplasmosis

Babesiosis canina - Síntomas, contagio y prevención (expertoanimal.com)

https://vetprotozoan.blogspot.com/2016/09/babesia.html

https://toppercan.es/enfermedades-transmitidas-garrapatas/




jueves, 2 de junio de 2022

Caso 4. Copo, o can enfermo

PRESENTACIÓN DO CASO: 

Copo, un can da raza grifón de 5 anos, foi encontrado dous días despois da súa desaparición con diversas lesións e síntomas. Presentaba pequenas feridas no costado, unha mancha vermella no beizo e, despois dunha semana, non tiña nin apetito nin forzas, vómitos e as súas feces eran negras. Ademais detrás das orellas atopóuselle 2 carrachas. 

Para saber a enfermidade que Copo padecía, observamos mostras do seu frotis sanguíneo baixo o microscopio para así poder comparala con outro frotis san. 





Frotis sanguíneo de can san

 


 

 Frotis sanguíneo de Copo

 40x








ANÁLISE DA MOSTRA:

A mostra dada presenta varios déficis observables, como trombocitopenia( poucas  plaquetas) e anemia(menos glóbulos roxos do normal).

Ademáis, aínda que non puidemos observar ben a mostra, observamos que pode conter unha bacteria na sangue, o que nos leva a plantexar distintas hipóteses: Anaplasmosis, Enfermedade de Lyme e Babesiosis.


HIPÓTESES:

1. Anaplasmosis. 

Esta enfermedade é causada por carrachas que atópanse, á súa vez, parasitadas pola bacteria Anaplasma phagocytophilum, que ingresa no organismo do can, e que son capaces de provocar diversas enfermidades, como a anemia. As garrapatas aliméntanse do sangue, e para iso deben prenderse do animal. Nese momento é cando se pode producir o contaxio e para iso a garrapata debe estar durante un mínimo de 18-24 horas, período no que a Copo tardáronlle en saír os síntomas. Ademáis nas mostras que analizamos podemos observar unha deficiencia na sangue, polo tanto iso pode ser unha proba da nosa hipótese.

Algúns síntomas desta enfermidade poden ser: febre, vómitos, a anemia, a falta de enerxía e as feces negras, síntomas que coinciden co que padecía o can.

A Anaplasmosis pódese detectar no frotis sanguíneo cando a mostra aparece desta forma:



Aínda que os síntomas coincidan, non podemos concluír que é Anaplasmosis porque para poder diagnosticala faría falta facer unha PCR, e esa proba diagnóstica non nos la proporcionaron. e non somos capaces de ver anaplasma no frotis tampouco ainda que si detectamos anemia . por falla de glob roxos.

2. Enfermedade de Lyme:

A enfermedade de Lyme, o borreliosis canina, é causada pola bacteria Borrelia burdogferi, e é transmitida polas carrachas do xénero Ixodes. Esta enfermidade provoca diversos problemas de saúde que poden ser artritis, nefritis etc.

Os síntomas que se asocian con esta enfermidade son: febre, falta de apetito, depresión, que solen derivar á inflamación ou deformación de las articulaciones. Se a enfermidade ser complica, poden existir lesions internas a órganos, problemas renales ou retención de liquidos nas patas e debaixo da pel. Estos síntomas que o can presenta tendo esta enfermidade vanse presentando progresivamente aos días ou semanas despois de ser picado. En consecuencia a todo insto, a enfermidade de Lyme pode chegar a ser mortal si non e dianosticada e tratada a tempo.

Como non temos datos suficientes ou forma de detectar a bacteria na nosa mostra, non podemos concluír que é borreliosis.


3. Babesiosis

A Babesiosis ou piroplasmosis é unha enfermidade producida polo hemoparasito Babesia canis, que é transmitida polas carrachas. Estos parasitos reprodúcense dentro dos glóbulos vermellos, producindo como consecuencia a anemia, que en ocasións pode ser moi intensa producir un fallo hepático ou renal.

Os síntomas que se poden detectar nesta enfermidade son: febre, falta de apetito, falta de forzas, vómitos, cor máis oscuro na orina e palidez das mucosas. A evolución da enfermidade puede ser moi rápida, entre un e dous días aproximadamente, por iso é importante poñer tratamiento canto antes.

Ademáis de que os síntomas coinciden co do noso can, a piroplasmosis ou babesiosis é unha enfermidade endémica en Galicia, é dicir, é moi común atopar esta afectación nos cans aquí en Lugo . Unha mostra de sangue coa bacteria da Babesia canis vese desta maneira:

A nosa mostra SÍ que pode coincidir con esta enfermidade, xa que, aínda que non se poida apreciar ben nas fotos tomadas do frotis, no momento no que a observábamos, puidemos observar levemente a bacteria na mostra.
Ademais na nosa mostra vense poucos glóbulos vermellos, que é unha sinal de anemia e, aínda que teñen un tamaño normal, moitos están peor tinguidos, polo que están con menor hemoglobina, o que quere dicir é que é anemia normocítica hipocrómica, que é o tipo de anemia que se ve na babesiosis.

CONCLUSIÓN:

Podemos concluír que é Babesiosis, porque tanto os síntomas como a mostra coinciden con esta enfermidade. 


Carolina Fernández Gómez

Sofia Carrizo Gallardo

Ana Dopico Morán


Fontes de información:

https://www.expertoanimal.com/anaplasmosis-en-perros-sintomas-y-tratamiento-24079.html

https://hvnachomenes.com/blog/por-que-mi-perro-tiene-sangre-en-las-heces/#:~:text=Hematoquecia%20o%20heces%20con%20sangre%20fresca.&text=Estas%20ser%C3%ADan%20algunas%20de%20las,acompa%C3%B1adas%20de%20gotas%20de%20sangre.

https://www.mascotasaludable.mx/posts/blog-post20.aspx#:~:text=%C2%BFQU%C3%89%20ES%20LA%20BORRELIOSIS%20CANINA,enfermedad%20es%20conocida%20desde%201984.

https://clinicacanis.com/babesiosis-canina-una-vieja-conocida/



miércoles, 1 de junio de 2022

Animal CSI - CASO 9B

 Caso 9

INTRODUCCIÓN:

Unha ovella que provén dunha granxa de 150 animais con diarrea crónica nun 2% e mortalidade esporádica.Estas ovellas mostraron adelgazamento, non responderon ao tratamento e logo de dúas semanas apareceron varias mortas. E queremos saber a causa destas mortes.


SÍNTOMAS:

No exame externo a ovella presentaba distensión abdominal e delgadeza extrema, o tecido subcutáneo apenas tiña graxa e os músculos das extremidades posteriores estaban atrofiados. A cavidade torácica do animal contiña un líquido transparente. Observouse unha conxestión marcada dos vasos mesentéricos, atrofia serosa da graxa e linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes. Na apertura do tubo dixestivo observouse que a mucosa intestinal do íleo estaba engrosada. Atopouse hepatomegalia e os conductos biliares estaban engrosados e ao cortalos tiñas parasitos platihelmitos no seu interior.


MOSTRAS:

Achegáronse dúas preparacións histolóxicas tinguidas con H&E e Ziehl-Neelsen.

- A tintura Ziehl-Neelsen é unha técnica de coloración diferencial que permite a identificación de bacilos ácido-alcohol resistentes (BAAR). Entre os BAAR encontranse as microbacterias, axentes estiolóxicos de enfermidades como a tuberculose e a lepra.

- A tintura H&E axúdanos a ver detalles da estrutura celular e tisular, xa que a hematoxilina tingue con precisión os compoñentes nucleares (heterocromatina, nucléolos...) e a eosina tingue os compoñentes citoplasmáticos (coláxeno, fibras elásticas, musculares, glóbulos vermellos...) Esta tintura axúdanos a identificar, concretamente, enfermidades coma o cancro.


As nosas mostras:



X4 intestino groso tinguido con H&E                 



X4 mostra de intestino groso tinguido con Ziehl-Neelsen

X10 mostra de intestino groso con Ziehl-Neelsen.


Estas tinturas permitíronnos comezar a formular hipóteses.


HIPÓTESES:

Hipótese 1: A ovella ten cancro

Propuxemos esta hipótese xa que as tinturas de H&E axudan a detectar cancro e polo tanto, existe a posibilidade de que a ovella teña cancro.

Ademáis das tinturas de HyE, a ovella presenta algúns síntomas en común cos síntomas do cancro.

Sintomas do cancro: 

Protuberancia ou bulto, heridas que non terminan de cicatrizar, vómitos e/ou diarreas, dificultade respiratoria, dificultade para tragar, cambios na cantidade de comida que inxire, pérdida de peso e palidez de mucosas.

Síntomas en común cos síntomas do cancro: Engrosamento da parede e mucosa intestinal.

Mostras:



A nosa mostra en x10                  Mostra intestino con cancro

Como podemos apreciar na imaxe da nosa mostra, esta non presenta agrupacións de cor rosa  (as cales son os inicios dun tumor) como se ve na da dereita .

Co que podemos dicir que a nosa ovella non presenta cancro, xa que non presenta agrupacións de células tumorales en ningunha das partes do intestino e porque tampouco presenta os síntomas propios deste..

Como a tinción Ziehl-Neelsen pode axudar a identificar enfermidades como a tuberculose e a lepra as propuxemos as seguintes hipóteses:



Hipótese 2: A nosa ovella ten lepra.

Primeiramente, eliximos esta hipótese porque tiñamos unha mostra con tintura HyE, a cal é usada para detectar enfermidades como a lepra.

Para comezar, a lepra pódese transmitir destas maneiras: pola inhalación dunha bacteria contida nas gotas dispersas no aire que se expulsan ao tusir ou estornudar,  polo contacto cos líquidos nasais dunha persoa, polo contacto cercano prolongado, é probable que os xérmes ingresen ao organismo a través de feridas na pel,...

Os animais poden contraer lepra polo contacto con persoas ou outras fontes ambientais.

A lepra maniféstase por medio de lesións dérmicas e do sistema nervioso periférico como tuberculoides, lepromatosa e intermedias.

O diagnóstico desta enfermidade realízase por medio da visualización de bacilos e da biopsia cutánea.

Os síntomas de lepra son os seguintes: lesións cutáneas (máis claras que a pel normal), lesións que presentan diminución da sensibilidade, lesións que non sanan, debilidade muscular e entumecimento ou ausencia de sensibilidade en manos, brazos, pés e pernas

Como a nosa ovella non presentaba ningún destes síntomas, descartamos esta hipótese.



Hipótese 3: A nosa ovella padece de paratuberculose.

Cremos que a nosa ovella ten paratuberculose porque mediante a tintura de Ziehl Nielsen observáronse microorganimos tinguidos de vermello.

A parte disto, tamén cremos que tiña paratuberculose porque esta tiña síntomas propios desta enfermidade: diarrea incontrolada, pérdida crónica de peso, mucosa ileal corrugada, aumento do volume de nódulos linfáticos mesentéricos e engrosamiento dos vasos linfáticos mesentéricos.

A nosa ovella puido contraer esta enfermidade a través de la inxestión de materia fecal, leite ou calostro contaminados coa bacteria, sendo a forma máis común a inxestión de materia fecal de animais infectados. 



Mostras:

 

  A nosa mostra x10                       Mostra intestino con pararuberculose

Como podemos ver na imaxe, apréciase a mesma estrutura en ambas fotos.


CONCLUSIÓNS:

Debido as similitudes que presenta o noso caso cos da paratuberculose, concluímos que a nosa ovella padece esta enfermidade.


BIBLIOGRAFÍA:

https://www.leicabiosystems.com/es-es/knowledge-pathway/he-staining-overview-a-guide-to-best-practices/

https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionarios/diccionario-cancer/def/tincion-h-y-e

https://www.leicabiosystems.com/es-es/knowledge-pathway/he-staining-overview-a-guide-to-best-practices/

-https://www.cancer.gov/espanol/cancer/diagnostico-estadificacion/sintomas

-https://www.cancer.org/es/cancer/cancer-de-origen-primario-desconocido/deteccion-diagnostico-clasificacion-por-etapas/senales-sintomas.html

- https://www.siicsalud.com/dato/resiiccompleto.php/149774

http://mmegias.webs.uvigo.es/6-tecnicas/5-general.php?tema=#he














Noelia Díaz Lorenzo

Martín Gallego Iglesias

Ainhoa Iglesias Torres

Paula López Rodríguez