Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis SX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis SX. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA + FROTIS DUNHA TROITA

 

Este blog consta dun informe sobre a realización dunha necropsia acompañada dun frotis sanguíneo.

Unha necropsia consiste nun exame do cadáver dun animal para ver se tiña algunha patoloxía previa que lle puido causar a morte.

· PROCEDEMENTO: EN QUE CONSISTE?

A necropsia, como ben dixen anteriormente, vai ir acompañada dun frotis sanguíneo.

Para realizar a necropsia, utilizaremos os seguintes materiais:



Coa axuda destes materiais, conseguiremos facer a nosa investigación, na cal:

  • Examinamos a parte externa (aletas, escamas…) que puideron sufrir danos e que nos poden dar pistas sobre a causa da súa morte.


  • Extracción do sangue mediante unha xeringa, que nos servirá para facer o frotis.

  • Realizamos un corte caudal desde o ano ata a mandíbula cun bisturí.

  • Separamos as dúas partes que nos quedaron logo da incisión, para ir sacando os órganos.


  • Sacamos con cautela os órganos do tubo dixestivo, e despois sacamos a vexiga natatoria, para, posteriormente, chegar a sacar o ril. Cando saquemos o tubo dixestivo, probablemente saia tamén con el o corazón.

  • Logo de que a nosa troita quede sen os órganos dixestivos, procederemos a abrirlle a cabeza.

  • A cabeza abrirémola elaborando unha especie de triángulo de cortes, e, cando a saquemos, veremos o encéfalo e os ollos. Cando abramos a cabeza, tamén teremos unha óptima visión das branquias.

· REALIZACIÓN DO FROTIS. 

 Un frotis é unha proba de diagnóstico rápido na cal sacaremos unha mostra de sangue e a examinaremos. Seguiremos o seguinte procedemento:

  • Extracción do sangue cunha xeringa de 1 ml, para ter máis precisión. A extracción de sangue realizarase na vea caudal. Puncionamos na liña lateral formando un ángulo de 45º cara arriba.


  • Colocamos unha gota da xeringa sobre un portaobxectos. Coa axuda doutro, estenderemos o sangue por todo o portaobxectos (no que vertéramos a gota inicialmente).



  • Logo procederemos a realizar a tinción. Para iso, deixamos secar o sangue e, cando esté seco, somerxeremos a mostra 5 veces en cada un dos 3 líquidos do kit de tinguidura rápida (primeiro o líquido azul claro: panóptico 1, logo o rosa: panóptico 2 e, por último, o líquido azul escuro: panóptico 3).

  •  Aclaramos con auga da billa e deixamos secar.

  • Cando seque, teremos xa a mostra preparada para vela no microscopio.








Imaxe explicativa sobre a realización dun frotis sanguíneo



· COMPARACIÓN DA MOSTRA DO PEIXE COA DUN MAMÍFERO



A principal diferencia que se pode observar entre ambos os frotis é que os glóbulos vermellos do sangue do peixe é nucleada (a primeira imaxe), mentres que os dos mamíferos (segunda imaxe), non teñen núcleo.

Necropsia e frotis sanguíneo dunha troita

 Necropsia dunha troita

 

● Na seguinte práctica realizarase unha necropsia a unha troita. Unha necropsia é un estudo/investigación realizado co fin de atopar as causas da morte do ser que estamos a analizar.

● Para a realización da práctica, primeiro deberemos contar co seguinte material:

 

- Papel (para non ensuciar o lugar de traballo)

                   

- Bandexa                                      



- Tesoiras



- Bisturí



- Xiringa


- Pinzas


- Luvas de laboratorio/látex


- Portaobxectos


- Tintes (azul claro, rosa e azul escuro)





-Microscopio




Unha vez teñamos o material necesario, comezaremos coa necropsia en sí.


A) Para iniciar a necropsia, deberemos comezar realizando un exame externo.

Neste exame externo, colleremos a nosa troita e identificaremos primeiro os seus órganos externos:




B) Unha vez identifiquemos os órganos externos, pasaremos a identificar os órganos internos seguindo o seguinte proceso:

- 1. Faremos unha incisión a través da liña media dende o ano até a mandíbula e levantaremos a parede abdominal.

- 2. Logo, inspeccionaremos as cavidades internas da troita e extraeremos os órganos con moito coidado, axudándonos das tesoiras, bisturí e pinzas. Temos que prestar especial atención no momento de sacar a vexiga natatoria, xa que esta é moi fráxil.

- 3. Unha vez tendo os órganos extraídos, identificaremos e nomearemos cada un deles:




A parte destes órganos, tamén podemos atopar o encéfalo (realizando un corte coas tesoiras en forma triangular na cabeza da troita), vexiga natatoria, ril, bazo, esófago, os cegos pilóricos e o ovario.

 

C) Xa tendo rematado o exame externo, pasaremos a realizar o frotis sanguíneo.

Coa realización do frotis sanguíneo poderemos ver as células presentes nunha mostra de sangue extraída da troita.

A realización do frotis sanguíneo consta dos seguintes pasos:

- 1. Introducimos a agulla na liña media da troita e extraemos unha mostra de sangue.

- 2. Despois de ter a nosa mostra de sangue extraída, colocaremos unha gota no portaobxectos e a estenderemos da seguinte forma:



- 3. Xa tendo a sangue no portaobxectos, o introduciremos nos botes de tincións (5 veces en cada un) seguindo a seguinte orde:

    1) Tinte azul claro

    2) Tinte rosa

    3) Tinte azul escuro

- 4. Despois de acabar coas tincións, aclararemos o portaobxectos con auga para quitar o tinte en exceso.

- 5. Para rematar co frotis sanguíneo, colleremos o noso portaobxectos e o analizaremos no microscopio.

Se o proceso foi realizado correctamente, deberíamos ver o seguinte:

As formas circulares que podemos apreciar na imaxe son os glóbulos vermellos.

Se nos fixamos ben, podemos ver que as troitas teñen glóbulos vermellos con núcleo, mentres que os mamíferos non.