Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis sanguíneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e frotis sanguíneo. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia y frotis sanguíneo

 Introducción

Nesta práctica fixemos unha necropsia, a cal é unha análise do cadáver pola parte interta e externa do mesmo coa intención de averiguar a causa da súa morte ou das súas lesións, dunha troita co uso debido de luvas de látex.

Inspeccionaremos este animal tanto de maneira externa e interna abrindoa á metade facendo uso de unhas tixeiras e outros utensilios dos que xa falaremos máis tarde.

Finalmente tambén falarei do frotis sanguíneo.

Material utilizado: 

  • Texoiras: As utilizamos para abrir á troita á metade.
  • Bandeixa: Lugar onde colocamos a troita morta/Nalgúns casos utilizamos so un papel ou plástico xa que non había bandeixas para todos.
  • Bisturí: O utilizamos para realizar a extracción dos órganos de dentro da troita.
  • Luvas de látex.
  • Portaobxectos: Neste obxecto pusimos o sangue da troita para realizar o frotis.
  • Troita.
  • Xiringa: A utilizamos para extraer o sangue da troita.


Necropsia

Comezamos realizando un análise das partes exteriores da troita. (exame externo).
Todos sabemos o que son a boca, os ollos e o ano pero, que hai das aletas e as demais partes?

Opérculo: É unha aleta de oso que cobre e protexe as branquias.
Aleta dorsal: Aleta presente na región dorsal e dependendo da especie pode ter hasta 3.
Aleta pectoral: É unha aleta ancha e aplanada adaptada para a locomoción acuática e lle da ó peixe estabilidade
Aleta caudal: É para que o peixe poda ir a máis velocidade e xirar.
Aleta anal: Estabiliza ao animal.
Aleta adiposa: Ten adherencia a obxectos.






Exame interno:
Neste análise veremos como é a troita por dentro, é dicir, veremos o seu intestino, cerebro, ril...

1.) Nesta foto podemos ver o que sería o cerbro do peixe.

2.) 
1. Bazo
2. Esófago
3. Corazón
4. Vexiga natatoria
5. Riñón que esta baixo a vexiga natatorio
6. Intestino
7. Ollo
                                    


   1.
















2.




                                                                                        






Frotis sanguíneo

Finalmente realizamos un frotis sanguíneo extraiendo sangue da troita e poñendoa no portaobxectos o cal sería despois sumerxido en 3 tintes diferentes por este orde: azul, rosa e violeta sumerxindo 5 veces o portaobxectos en cada bote antes de pasar ao seguinte.
Este é o resultado visto a través do microscopio.














Necropsia e frotis sanguíneo dunha troita

NECROPSIA

A necropsia pódese definir como o exame completo, ordenado e sistemático que se realiza ao cadáver dun animal co fin de determinar cambios morfolóxicos ou lesións en órganos e tecidos que nos axuden a determinar a causa da súa morte ou enfermidade. Neste proceso é moi importante definir e explicar ben todo o que observamos, sobretodo se encontramos algunha patoloxía.

Neste caso nós realizamos a necropsia dunha troita pequena. Tamén realizamos un frotis sanguíneo que explicarei máis tarde. 

Todo o proceso debe realizarse con lubas e necesitaremos os seguintes materiais:


   1: Bandexa 

   2: Bisturí 

   3: Tesoiras 

   4: Pinzas

   5: Portaobxectos (para o frotis)




Comenzaremos a necropsia seguindo os seguintes pasos:

1: O primeiro paso é realizar un exame externo do animal e identificar os órganos, partes e patoloxías que se poden ver a simple vista. Estas son as partes que podemos identificar dunha troita externamente:

   1: Boca                       7: Aleta dorsal

   2: Ollo                        8: Aleta adiposa

   3: Opérculo                9: Aleta caudal

   4: Liña media            10: Aleta pectoral

   5: Ano                        11: Aleta pélvica

   6: Pedúnculo              12: Aleta anal


2: Agora imos facer o exame interno. durante este proceso hai que intentar dañar o menos posible os órganos. Por iso hay un procedemento preciso para realizalo correctamente. 

3: Facemos unha incisión na cavidade abdominal. Introducimos as tesoiras no ano e realizamos un corte ata un pouco máis alá da aleta pectoral. Una vez cortado comenzamos a separar a parede abdominal con moito coidado. Desta maneira podemos ver moitos dos órganos internos do peixe.


   1: Estómago

   2: Tubo dixestivo

   3: Vexiga natatoria 

   4: Bazo 

   5: Intestino


4: Agora comezaremos coa extracción dos órganos . O primero que temos que extraer é a vexiga natatoria, co bisturí separamos o intestino sen separarlo do resto do tubo dixestivo, pero permitindonos ter unha visión completa da vexiga natatoria. Para extraela temos que separala das paredes coa axuda do bisturí. Hai que facelo con moito coidado de non pinchala.


5: Para a extracción do tubo dixestivo facemos un corte coa tesoira no esófago e separamos coa axuda do bisturí o tubo dixestivo completo.

   1: Intestino

   2: Estómago

   3: Cegos pilóricos

   4: Bazo

   5: Fígado


6: O seguinte que hai que extraer é o ril. Este órgano encóntrase detrás da vexiga natatoria e é alongado.


7: En canto ao corazón este encóntrase enriba da aleta pectoral e o extraemos coa axuda das pinzas.


8: Agora procedemos a comezar coa cabidade cranial. Realizamos un corte triangular coas tesoiras na parte superior, cortando todos os tecidos ata chegar ao encéfalo. Este retirámolo con axuda das pinzas.


9: Tamén podemos extraer os ollos e observalos.


10: O último que imos extraer son as branquias da troita. Encontranse aos lados da cabeza e son visibles se levantamos o opérculo.


11: Unha vez teñamos todos os órganos extraídos e todos os pasos ben feitos e analizados pasamos a examinar todos os órganos en búsqueda de patoloxías ou sinais evidentes da morte ou da enfermidade.


FROTIS SANGUÍNEO

O frotis sanguíneo é unha proba de diagnóstico rápido que se realiza mediante a extracción e preparación da sangue do animal coa finalidade de ver as células e organismos presentes na sangue do individuo. 

No noso caso realizamos un frotis sanguíneo de troita, fixemos esta pobra á vez dunha necropsia, durante o exame externo do animal.

Precisaremos os seguintes materiais:

1: Xeringa de 1 ml de capacidade

2: Portaobxectos

3: Kit de tinguidura

4: Microscopio

Unha vez coñecemos os materiais comenzamos a realizar o frotis.

1: O primeiro paso é extraer o sangue da troita. Facémolo da vea caudal que se situa baixo a liña lateral. Cravamos a agulla da xeringa uns milímetros por debaixo desta liña nunha zona cercana á aleta caudal. A agulla ten que ser dirixida hacia arriba e con un ángulo aproximadamente de 45º.


2: Unha vez temos a sangue colocamos unha gota dela nun extremo dun portaobxectos (1) e coa axuda doutro extenderémola (2). O segundo portaobxectos ten que arrastrar primeiro a sangue cara ao exterior do portaobxectos (3) e, con un rápido movemento ten que arrastrarse ata o final do portaobxectos (4). Ten que quedar unha capa moi fina.


3: O terceiro paso e realizar a tinción. Para isto nós utilizamos un kit de tinguidura rápida que basease en tres líquidos: líquido azul claro (panóptico rápido 1), líquido rosa (panóptico rápido 2) e líquido azul escuro (panóptico rápido 3).

É importante que a nosa mostra esté seca para comenzar o proceso. O primeiro que se fai é somerxer o portaobxectos 5 veces en cada líquido, seguindo a seguinte orde: azul claro, rosa e azul escuro. Non é necesario que a mostra seque entre un líquido e outro. O segundo paso é botar auga da billa sobre a nosa mostra nada mas sacala do último bote, hai que eliminar moi ben os excesos de tinte. Unha vez feito isto poñemos a nosa mostra a secar.




4: O último paso é ver a nosa mostra no microscopio e  identificar o que observamos.

Neste caso podemos observar os glóbulos vermellos da troita. 



A diferenza dos  glóbulos vermellos dos mamíferos os glóbulos vermellos das troitas teñen núcleo.





NECROPSIA TROITA e FROTIS SANGUÍNEO



NECROPSIA TROITA

Unha necropsia consiste en realizar un exame externo e interno do animal morto para coñecer a causa da súa morte.

Para realizar a necropsia, necesitamos os seguintes materiais

-Unha troita

-Un bisturí 

-Unhas tesoiras

-Un par de luvas

- Unhas pinzas

-Unha bandexa para pousar a troita

-Un papel para non manchar



Despois de coller os materiais necesarios, damos comezo á necropsia. Os pasos a seguir para a realización da necropsia son:

1- Realizamos un exame externo onde miramos se a troita presenta feridas externas. Unha vez observado isto, pasamos ao seguinte paso.


2- Agora vamos a realizar o exame interno. Onde observaremos se o animal presenta feridas nos seus órganos. 

3-Abrimos a troita pola cavidade abdominal, dende o ano ata a mandíbula. Para isto utilizamos as tesoiras. 

TROITA ABERTA POLA CAVIDADE ABDOMINAL

4- Despois disto, vamos a observar os órganos do aparello dixestivo que hai no interior da troita e procedemos a extirpalos con cautela. Tamén, na parte da gorxa ( mais ou menos) encóntrase o corazón da troita. Inspeccionamos as cavidades abdominais, pericárdica e cranial.

PARTES DA TROITA SINALADAS


5- Comezamos quitando o tubo dixestivo, formado polo fígado, bazo, cegos pilóricose intestino, cortando co bisturí o comezo e o final do mesmo. Para isto, temos que coller un bisturí e ir despegándo estes órganos do corpo da troita.

RIL E TUBO DIXESTIVO


6-Seguimos coa retirada da vexiga natatoria, que debería estar hinchada, con moita cautela porque é moi fráxil e pode romper ( a min rompeume).

7-Despois de retirar esta, vamos proceder a quitar o ril, que se encontra xusto debaixo da vexiga natatoria, de cor negra e forma alargada.

8-Agora pasamos á cabeza. Recortamos a cabeza realizando un triángulo para, desta forma, poder encontrar e ver o cerebro. Unha vez encontrado retirámolo con precaución.

ABERTURA DA TROITA POLA CABEZA
 
9- Na cabeza encóntranse tamén as branquias, pero nunha parte máis externa que o cerebro. Estas encóntranse a cada lado da cabeza e podemos observalas levantando os opérculos
BRANQUIAS DA TROITA

10-Unha vez retirados todos os órganos, obsérvase se presentan feridas e estúdase a enfermidade pola que morreu, analizando as feridas externas e internas. Despois disto, a necropsia queda finalizada. 

FROTIS SANGUÍNEO

Un frotis sanguíneo é un exame de sangue que proporciona información sobre o número e a forma das células sanguíneas.

Para realizar o frotis sanguíneo, necesitamos os seguintes materiais:

-Unha troita

-Unha xeringa

-Dous portaobxectos

Pasos para realizar un frotis:

1-Extraer sangue da troita coa xeringa. Para isto,cravamos a xeringa  por debaixo da liña lateral pola parte da cola, cunha inclinación de 45 grados.

2- Dese sangue que extraemos, poñemos unha gota nun portaobxectos.

3- Coller o outro portaobxectos e realizar a técnica do frotis, que consiste en: extender esa gota empregando o outro portaobxectos. Primeiro, extendémola para atrás co portaobxectos inclinado e despois cara a diante, ata o final. Ten que quedar ben extendida

4- Acto seguido, deixámola secar e cando esté seca, procedemos a tinguila con diferentes tintes.

Primeiro sumerxémola 5 veces na tinción azul clarito (panóptico 1)

Despois, facemos o mesmo co tinte rosa (panóptico 2)

Por último, sumerximos a mostra 5 veces na tinción azul escura (panóptico 3)

Despois aclárase con auga e déixase secar. Cando esté seca, poderemos vela no microscopio.

FROTIS SANGUÍNEO REMATADO


ANÁLISE DA MOSTRA A MICROSCOPIO:

Realizamos un frotis sanguíneo e cando estaba seco, observámolo a microscopio e isto foi o que vimos:

Na mostra podemos ver os glóbulos vermellos. Os glóbulos vermellos dos peixes teñen núcleo, ao contrario que os dos humanos, que carecen de núcleo.


FROTIS SANGUÍNEO