Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e Frotis sanguíneo dunha troita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Necropsia e Frotis sanguíneo dunha troita. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia dunha troita

Unha necropsia é un exame completo, ordenado e sistemático dun cadáver dun animal co fin de determinar a morte ou enfermidade a través de cambios morfolóxicos en órganos e tecidos. Esta técnica lévase a cabo mediando dous exames, un exame interno e outro exame externo.

Para poder levar a cabo proceso que  necesitamos distintos materiais: 
- Pinzas      - Bandexa
- Luvas      - Bisturí
- Tesoiras   - Xeringa para a extración de sangue
















PROCEDEMENTO DA NECROPSIA:

  1. Exame externo

Realizamos unha inspección da troita para poder facer unha descripción correcta e concluir a causa da súa morte. As partes do peixe que debemos examinar son: 
  • Os ollos 
  • O opérculo, que temos que levantar para poder examinar correctamente as branquias 
  • As aletas (pectoral, pélvica, anal, dorsal e caudal)
  • A pel 
Tamén temos que fixarnos na liña media, por debaixo da cal está a vea caudal, pola que despois extraeremos sangue. 
Despois de realizar este exame puidemos concluir que a troita que tiñamos para examinar morreu a causa da pesca para a alimentación, polo tanto non se observamos ningún tipo de lesión física no exterior.





2. Exame interno

Neste paso inspeccionaremos as partes internas da troita. Para iso facemos unha pequena incisión e introducimos a tixeira polo ano. Pouco a pouco cortamos toda a cavidade abdominal ata o cráneo.


Os órganos que imos poder sacar e observar despois de facer este corte son: o corazón, o ril, os ollos, o esófago, os cegos pilóricos, o bazo, as branquias e o cerebro:


 Corazón e esófago

Para poder ver o ril e extraelo temos primeiro que extraer a vexiga natatoria:


     

Despois de extraer todos os órganos da cavidade abdominal, facemos unha incisión na cavidade craneal en forma de triángulo, para así poder extraer o cerebro. 





FROTIS SANGUÍNEO:

Esta proba pode ser realizada tanto antes como depois da necropsia, e cosiste en extraer unha mostra de sangue do animal para poder observalo debaixo do microscopio.
Para poder facer a extracción do sangue temos que introducir a xeringa pola liña lateral a 45º, xa que a vea caudal encóntrase debaixo desta.







Despois da extracción do sangue procedemos a facer o frotis sanguíneo, colocando unha gota nun dos portaobxectos, e, axudándonos doutro, a esparcímola.




Despois, para facer a tinción, déixase secar un rato ao aire. Logo somerxemos 5 veces o portaobxectos en cada un dos líquidos de tinguido. Por último aclárase con auga e volvémos a deixala secar. 
 


Cando se remata este proceso xa pode ser vista no microscopio: 

   Sangue de peixe  x40 aumentos 

Se comparamos o frotis sanguíneo da troita cun frotis sanguíneo dun mamífero podemos observar varias diferencias notables: 

Sangue mamífero x40 aumentos 




A diferencia que mellor se aprecia a simple vista é o núcleo dos glóbulos vermellos que, mentres que os eritrocitos dos mamíferos perden o núcleo na súa maduración, podemos observar que os eritrocitos do peixe son glóbulos vermellos nucleados, é dicir, que manteñen o seu núcleo.


Carolina Fernández Gómez
Sofia Carrizo Gallardo

















NECROPSIA E FROTIS

NECROPSIA DUNHA TROITA

A necropsia é un exame completo, externo e interno, do cadáver dun animal, realizado coa fin de determinar algún tipo de cambio ou lesión en órganos e tecidos que provocaron a morte do animal.

Nós realizamos a necropsia dunha troita.

Os materiais utilizados foron:


Para a realización da necropsia debemos de seguir os seguintes pasos:

1. Realizamos un exame externo inspeccionando as diferentes estruturas que podemos ver, identificámolas e buscamos posibles patoloxías nelas.


2. Para empezar co exame interno debemos de realizar unha incisión (é máis sinxelo realizala coas tesoiras para así evitar posibles danos aos órganos) pola liña media dende o ano ata a mandíbula.

3. Despois de facer a incisión, debemos de abrir a cavidade abdominal con moito coidado. Ao momento de abrila podemos observar algúns órganos:




4. Debemos de extraer os órganos. Este paso débese de facer con moito coidado para evitar danar algunha estrutura. 

O primeiro para extraer, é o tubo dixestivo, e para facelo, hai que cortar o intestino, e con coidado, vanse sacando os órganos ata ter unha boa visión do esófago, onde vamos volver cortar para así sacalo completamente.





5. O seguinte a extraer é o corazón, que se atopa á altura da aleta pectoral e extraémolo coa axuda das pinzas. 



6. Agora extraemos a vexiga natatoria. Para isto, debémola ir separando con moito coidado, para evitar rompela, das paredes abdominais coa axuda do bisturí. 




7. E por último, extraemos o ril, despegándoo lentamente co bisturí e con axuda das pinzas.




8. Xa extraídos todos os órganos da cavidade abdominal, procedemos a abrir a cavidade craneal, para poder extraer o encéfalo. Para isto, realizamos unha incisión en forma de triángulo na parte posterior da cabeza e extraemos toda esa parte ata que visualicemos o encéfalo.



9. Por último extraemos as branquias que se atopan aos laterais da cabeza debaixo do opérculo.




10. Tras extraer todos os órganos realízase un exame para detectar algún tipo de patoloxía que lle causou a morte.


FROTIS SANGUÍNEO

Ao mesmo tempo que realizamos o exame externo e a necropsia podemos realizar esta proba, que consiste na extración e preparación dunha mostra de sangue para posteriormente analizala.

Nós fixemos o frotis antes da necropsia.

O material que precisamos é:
  • Xeringa de 1 ml de agulla fina (neste caso utilizamos a de cor laranxa)
  • Portaobxectos
  • Kit de tinguidura
 
Unha vez teñamos todos os materiais necesarios comezamos co frotis.

1. Debemos extraer o sangue da troita. Para isto, debemos de cravar a agulla uns milímetros por debaixo da liña lateral, xa que a vea caudal se atopa debaixo dela. Ao momento de cravar a agulla debemos facelo cunha inclinación de, máis ou menos, 45º.

2. Unha vez extraído o sangue, poñemos unha pequena gota no portaobxectos e extendémola coa axuda do outro portaobxectos. Para conseguir unha boa extensión, debemos de arrastrar co portaobxectos inclinado a gota hacia atrás e despois hacia adiante ata o final. 

Técnica da extensión


3. Despois da extensión debemos de tinguir o sangue. Antes que nada, debemos de deixar secar a mostra, cando xa estea lista debémola sumerxer 5 veces en cada tinción, na seguinte orde:
  • Primeiro o panóptico rápido 1 (cor azul claro)
  • Despois o panóptico rápido 2 (tinguidura rosa)
  • Por último, o panóptico rápido 3 (cor azul escura)
Despois de sumerxer a mostra, aclárase rapidamente con auga da billa e déixase secar. 



Por último, observamos a mostra no microscopio e identificamos as estruturas que observamos.

Nesta mostra, podemos observar os glóbulos vermellos da troita, que, a diferenza dos mamíferos si que teñen núcleo.


necropsia e frotis sanguíneo dunha troita

Material empregado:

-          Necropsia:

o   Tesoira

o   Bisturí

o   Luvas

o   Papel

o   Bandexa

o   Pinzas

-          Frotis:

o   Xiringa de agulla moi fina

o   2 portaobxectos

o   3 botes de tintura

 

NECROPSIA


Partes externas da troita

 

 Forma fusiforme que permite desprazarse facilmente na auga. Ten 3 partes:

-          Cabeza: vai ata a parte posterior do opérculo

-          Tronco: desde a parte posterior do opérculo ata o ano

-          Cola: desde o final do tronco ata o extremo da aleta caudal.

O corpo é suavemente curvado, ten forma aerodinámica que lle permite desprazarse con facilidade na auga coa axuda das aletas, a propulsión está a cargo da cola e o equilibrio é función da aleta caudal, da continuidade no movemento iniciado fanse cargo principalmente as aleta dorsal e a anal.

O tamaño é duns 16-17 cm.

A cor da súa pel é prateado verdoso, ten unha superficie viscosa, por debaixo dela pódense ver as escamas.

A liña media esténdese ao longo dos dous lados, desde a cabeza ata a cola, é un órgano que serve para detectar o movemento e as vibracións da auga.

 

Partes internas da troita

Para a extracción das partes internas en primeiro lugar temos que abrir o peixe, para iso axudarémonos dunhas tesoiras e cortaremos a parte ventral da troita, comezando desde o ano e chegando ata a mandíbula, quedaranos un corte deste tipo:

 

Os órganos haberá que extraelos coidadosamente axudándonos das pinzas e das tesoiras, o primeiro que atopei foi o estómago, despois o fígado, corazón, vexiga natatoria e por último o ril.

Por último na zona da cabeza sácanse os ollos e as branquias, e para extraer o cerebro faise un triángulo na parte superior da cabeza e quítase o cerebro con moito coidado.

 

FROTIS SANGUÍNEO

Para facer o frotis sanguíneo extráese o sangue cunha xiringa da vea causal, faise na parte do final da liña media, inclinando a agulla uns 450. Ponse unha gota do sangue extraído no extremo dun portaobxectos. O procedemento para conseguir unha boa extensión consiste en apoiar o portaobxectos co que estendemos inclinado por diante da gota e a continuacion movelo amodo cara atrás ata tocar un pouco coa gota, e de seguido facer un movemento continuo cara diante para obter a extensión.

Para tinguir o sangue primeiro déixase secar ao aire  e despois introdúcese cinco veces en cada cubeta de tinción, na orde indicada nas súas etiquetas:

 1 – Líquido azul claro (panóptico rápido 1)

2 – Tinguidura rosa (panóptico rápido 2)

3 – Tinguidura azul escura (panóptico rápido 3)



Co que obteremos a mostra que imos ver no microscopio

Coa axuda de auga sacamos o excedente, quedaranos como se ve na seguinte imaxe.

Déixase secar e despois observamos a mostra no microscopio.

Obtemos a seguinte imaxe:

No caso dos mamíferos non hai núcleo, por exemplo, a imaxe ao microscopio dunha gota de sangue de can é a seguinte: