viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia troita e Frotis sanguíneo.


NECROPSIA TROITA

 A necropsia é o examen completo, ordenado e sistemático do cadáver  do animal (neste caso da troita) para poder determinar cambios morfolóxicos nos órganos e tecidos. Con isto podemos coñecer a causa da morte ou da enfermidade.

Para realizar a necropsia vamos a necesitar os seguintes materiais:

 -Unha troita

-Un par de luvas.

-Un bisturí.

-Unhas tesoiras.

-Unha bandexa para poñer a troita e os órganos que imos sacando.

-Un papel para non manchar.


Cando teñamos todos os materiais necesarios, vamos a realizar a necropsis. Nela vamos a seguir unha serie de pasos:

1.Imos a realizar un examen externo da nosa troita, onde veremos si a nosa troita presenta algún tipo de ferida.


2.Despois  de observar todas as partes das nosas troitas, imos a realizar xa o examen interno.

3.Para proceder a realizar o examen externo, imos a coller o bisturí e imos a abrir a nosa troita dende a o ano ata a súa mandíbula. Primeiro imos a realizar un análise das súas partes internas, tanto da cavidade abdominal, cranial e pericárdica.

4.Agora xa comezamos a extraer os seús órganos. O primeiro que imos a sacar é o tubo dixestivo (formado polo fígado, intestino, bazo e cegos pilóricos), despegándoo pouco a pouco coa axuda do bisturí. Logo de despegalo, vamos a cortar por ambos extremos do tubo dixestivo para finalmente sacalo. 

Tubo dixestivo

5.Se continuamos avanzando por onde está a gorxa, vamos a poder atopar un órgano moi pequeno, o corazón.

Corazón

6. Logo seguimos coa vexiga natatoria, para sacala imos a ir despegándoa co bisturí con moito coidado xa que é moi fráxil e é moi fácil que rompa (a min rompeume), Debaixo da nosa vexiga natatoria temos un órgano oscuro e alargado, o riñón.


7.A última parte que imos a abrir é a cabeza da nosa troita cun triángulo para así ver e sacar o seu cerebro



8.Na cabeza tamén podemos encontrar as branquias, aunque estas atópanse nunha zona máis externa que o cerebro.

Branquias

9.Cando xa retiramos todos os órganos a necropsia xa se da por rematada.

FROTIS SANGUÍNEO

O frotis sanguíneo é un examen que nos proporciona información acerca do número e a forma das células sanguíneas.

Para realizar o frotis sanguíneo necesitamos:

- A troita para sacarlle a sangue.

-Unha xiringa de 1ml con unha agulla fina.

-Dous portaobxectos.

Os pasos que vamos a seguir no frotis son os seguintes:

1.Extraer a sangue coa nosa agulla a uns milímetros da liña lateral, dirixíndoa cara a arriba cun ángulo de 45º.

2.Esa sangue que recollimos a imos colocar en un dos nosos portaobxectos.

3.Coa axuda do outro portaobxectos, imos a extender a nosa mostra de sangue. Para conseguir unha boa extensión temos que apoiar o portaobxectos co que estendemos inclinado por diante da gota, logo moverémolo cara a atrás ata tocar un pouco a gota e de seguido facemos un movemento cara a diante para obter a extensión.

Como extender a nosa mostra de sangue

4.Agora imos deixar secar a sangue, unha vez estea seca imos a tinguila seguindo una serie de pasos:

  • Somérxese 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida.
  • Primeiro o tinte azul claro (panóptico rápido 1).
  • Despois no tinte rosa (panóptico rápido 2)
  • Por último no tinte azul escuro (panóptico rápido 3)
  • Aclárase con agua da billa.
  • Xa podemos observar os resultados a microscopio.

A microscopio




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario