viernes, 3 de junio de 2022

necropsia e frotis sanguíneo dunha troita

Material empregado:

-          Necropsia:

o   Tesoira

o   Bisturí

o   Luvas

o   Papel

o   Bandexa

o   Pinzas

-          Frotis:

o   Xiringa de agulla moi fina

o   2 portaobxectos

o   3 botes de tintura

 

NECROPSIA


Partes externas da troita

 

 Forma fusiforme que permite desprazarse facilmente na auga. Ten 3 partes:

-          Cabeza: vai ata a parte posterior do opérculo

-          Tronco: desde a parte posterior do opérculo ata o ano

-          Cola: desde o final do tronco ata o extremo da aleta caudal.

O corpo é suavemente curvado, ten forma aerodinámica que lle permite desprazarse con facilidade na auga coa axuda das aletas, a propulsión está a cargo da cola e o equilibrio é función da aleta caudal, da continuidade no movemento iniciado fanse cargo principalmente as aleta dorsal e a anal.

O tamaño é duns 16-17 cm.

A cor da súa pel é prateado verdoso, ten unha superficie viscosa, por debaixo dela pódense ver as escamas.

A liña media esténdese ao longo dos dous lados, desde a cabeza ata a cola, é un órgano que serve para detectar o movemento e as vibracións da auga.

 

Partes internas da troita

Para a extracción das partes internas en primeiro lugar temos que abrir o peixe, para iso axudarémonos dunhas tesoiras e cortaremos a parte ventral da troita, comezando desde o ano e chegando ata a mandíbula, quedaranos un corte deste tipo:

 

Os órganos haberá que extraelos coidadosamente axudándonos das pinzas e das tesoiras, o primeiro que atopei foi o estómago, despois o fígado, corazón, vexiga natatoria e por último o ril.

Por último na zona da cabeza sácanse os ollos e as branquias, e para extraer o cerebro faise un triángulo na parte superior da cabeza e quítase o cerebro con moito coidado.

 

FROTIS SANGUÍNEO

Para facer o frotis sanguíneo extráese o sangue cunha xiringa da vea causal, faise na parte do final da liña media, inclinando a agulla uns 450. Ponse unha gota do sangue extraído no extremo dun portaobxectos. O procedemento para conseguir unha boa extensión consiste en apoiar o portaobxectos co que estendemos inclinado por diante da gota e a continuacion movelo amodo cara atrás ata tocar un pouco coa gota, e de seguido facer un movemento continuo cara diante para obter a extensión.

Para tinguir o sangue primeiro déixase secar ao aire  e despois introdúcese cinco veces en cada cubeta de tinción, na orde indicada nas súas etiquetas:

 1 – Líquido azul claro (panóptico rápido 1)

2 – Tinguidura rosa (panóptico rápido 2)

3 – Tinguidura azul escura (panóptico rápido 3)



Co que obteremos a mostra que imos ver no microscopio

Coa axuda de auga sacamos o excedente, quedaranos como se ve na seguinte imaxe.

Déixase secar e despois observamos a mostra no microscopio.

Obtemos a seguinte imaxe:

No caso dos mamíferos non hai núcleo, por exemplo, a imaxe ao microscopio dunha gota de sangue de can é a seguinte:

 

 

 

1 comentario: