viernes, 27 de mayo de 2022

Caso 8. Tiburón cazón liso (Donald)

Sucesos previos á morte de Donald:

Días antes de que víctima presentase sintomas, houbo un corte enerxetico

nas instalacións do acuario, coincidindo cun roubo de diñeiro. Durante o

corte calquera persoa que estivera nas instalacións tería acceso ao tanque da

vitima. A policía encóntrase investigando a escena do crime buscando

posibles pistas que leven a un culpable.

 

Síntomas:

Nos últimos días de vida podíase apreciar cambios no seu comportamiento

tales como hipoactividade, falta de apetito e problemas respiratorios. Na súa

necropsia podiase observar máis atentamente úlceras profundas na pel das

aletas dorsais e caudais. Ademais, podíase apreciar unha roxez e unhas

estructuras pardas, semellantes ás provocadas por unha aneurisma

branquial, nas branquias, distribuidas por toda a superfície dos filamentos.

Ao abrir a súa cavidade abdominal podíamos observar petequias na serosa

do revestimento do intestino.

 


Mostras:

A mostra recibida polo equipo forense é unha preparación histolóxica das

branquias, tanto sanas coma afectadas, de Donald. Está tinguida cunha

tinción H&E (hematoxilina-eosina). As imaxes obtidas obtivéronse tras

analizarla baixo o microscopio, cun ocular de 6 aumentos e lentes de diversos

aumentos. 

 

Branquias afectadas - 4 aumentos
Branquias sanas - 4 aumentos

 
Branquias afectadas - 10 aumentos
Branquias sanas - 10 aumentos

   
Branquias afectadas - 40 aumentos
Branquias sanas - 40 aumentos

  

 

A tinción H&E é unha das tincións máis comúns sobre cortes de parafina.

Úsanse 2 colorantes: a hematoxilina (un tinte básico) e a eosina (un tinte

ácido), permitindo que as estruturas ácidas e básicas da célula adquiran

diferente cor.

Se partimos de cortes de criostato poderemos pasar á tinción directamente,
pero se partimos de cortes de parafina teremos que levar a cabo un proceso 
previo:
  • Primeiro eliminaremos o medio de inclusión, a parafina, bañando a mostra en xileno 10 minutos (os tempos dependen da concentración dos colorantes e do grosor das mostras) dúas veces (cada unha cambiando o líquido).

  • A seguir procederemos á hidratación (estes colorantes son hidrosolubles) da seguinte forma:

    • 2 baños de etanol 100º por 10 minutos cada un

    • Baño de etanol 96º por 10 minutos

    • Baño de etanol 80º por 10 minutos

    • Baño en auga destilada por 10 minutos

  • Unha vez feito isto poderemos pasar á tinción. Bañaremos a mostra en hematoxilina por 3 minutos, a pasaremos por auga do grifo por 15 minutos (as sales da auga permitirán obter unha tinción máis violácea, en vez de púrpura), outra vez auga destilada 10 minutos, eosina 30 segundos e, finalmente, etanol 80º por 15 segundos.


Habitualmente o medio de montaxe non é hidrosoluble, polo cal hai que

proceder a unha deshidratación:

  • Bañar a mostra en etanol 96º por 30s

  • Bañar a mostra en etanol 100º por 5 minutos

  • Bañar a mostra en etanol 100º por 10 minutos


Finalmente lle daremos dous bañoa en xileno por 10 minutos cada un e 

engadimos o medio de montaxe no portaobxectos cos cortes (o medio de 

montaxe é un líquido que se mestura co xileno e solidifica ao evaporarse este),

colocaremos o cubreobxectos e deixaremos evaporar o xileno.




Hipótese 1: Intoxicación por cobre.

Dando por suposto que no robo sucedido días antes da morte da victima o

diñeiro roubado forá escondido na depuradora do tanque da víctima; asi

mesmo se ó diñeiro roubado conteñia moedas de cobre podese asumir que

os compoñentes das moedas filtráronse na auga do tanque. Grazas á nosa

búsqueda de información descubrimos que o cobre é gravemente tóxico para

os animais acuáticos, comparando os síntomas da victima cós síntomas

presentes noutros animais acuáticos que estiveron en contacto con cobre,

pódense apreciar similitudes:

  • Dificultades cardiorrespiratorias

  • Inflamación das branquias

  • Supresión do apetito

  • Engrosamento das laminillas


Conclusións: 

Debido a que posibelmente houbese moedas no tanque e unha intoxicación por amoniaco non debería ser posíbel por só 4 horas sen electricidade, é dicir, 4 horas sen filtrado da auga, e xa que os síntomas coinciden, concluimos que morreu por unha intoxicación por cobre.


Webgrafía

https://www.marcosgodoy.com/~marcosgo/index.php?option=com_

content&view=article&id=182:aneurisma-telangiectasia-branquial-artefa

cto-o-hallazgo-patologico-agudo&catid=88:branquias&Itemid=435&lang

=es

https://fishhistopathology.com/spa/2020/09/04/toxicidad-por-cobre-en-peces

/#:~:text=El%20impacto%20de%20la%20exposici%C3%B3n,y%20estructura

%20celular%20en%20peces.



No hay comentarios:

Publicar un comentario