viernes, 20 de mayo de 2022
INTRODUCCIÓN Á INVESTIGACIÓN DO CASO 5
Estamos investigando o caso dun coello con 3 meses de idade con 400 g de peso. Ven dunha explotación cunícola con 50 reprodutoras. No mes de febreiro, dez camadas de coellos de 2 meses comezaron a adelgazar, con perda de apetito e diarrea e acabaron por morrer. As nais non presentaban ningunha sintomaloxía á parte de pequenas úlceras na zona plantar dos membros posteriores. Esto coincidiu con que o propietario estivera varios días fóra e deixara a un antigo traballador ao cargo de darlle de comer aos animais. Cando chegou e viu a situación, desconfiou de o problema podía estar relacionado coa auga da bebida. O veterinario fíxolle a necropsia a un dos animais mortos e observou que a rexión perianal tenía manchas de feces. O coello estaba moi delgado e na isnpección do aparello dixestivo atopou que o xexuno estaba conxestivo e tiña un contido mucoso-amarelado e brillante e o colon presentaba feces xa formadas. Ostudo histopatolóxico permitiu resolver a causa da morte dese coello.ç
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario