jueves, 19 de mayo de 2022

INVESTIGACIÓN DO CASO 5.

INTRODUCIÓN:

Presentámosvos o caso sobre a morte de 10 camadas de coellos que presentaban unha gran delgadez, perda de apetito e diarrea. Realizouse unha necropsia a un dos coellos afectados e puidemos observar, que na zona perianal estaba manchada de feces, no intestino delgado, concretamente no xexuno, estaba conxestionado e contiña un contido mucoso-amarelado e brillante e no colon presentaba feces xa formadas. 

TINCIÓNS:

Temos dúas mostras de distintas tincións, a PAS e a H&E, e ambas as mostras pertencen ao intestino delgado.  

A tinción H&E é unha técnica moi común no laboratorio na que se usan dous tintes chamados hematoxilina e eosina para ver mellor as diferentes partes da célula ao  microscopio. A hematoxilina tiñe dun violeta azulado intenso os ribosomas, a cromatina e outras estruturas. A eosina tiñe de rosa alaranxado ou vermello o citoplasma, a parede celular, o coláxeno, o tecido conxuntivo e outras estruturas que se encargan de rodear e soster a célula. Esta tinción axuda a identificar diferentes tipos de células e tecidos, e a obter información importante sobre as características, a forma e a estrutura celular dunha mostra de tecido. Úsase para o diagnóstico de enfermidades como o cáncer.

aumento x10


A tinción PAS é moi utilizada en histopatoloxía. Esta técnica úsase para a visualización de microorganismos, fungos e microbacterias, e para a tinción de estruturas que conteñen unha alta proporción de macromoléculas, de hidratos de carbono, glucóxeno, glicoproteínas, típicas, por exemplo, do tecido conxuntivo, moco e membrana basal (presente, por exemplo, na parede do intestino delgado).

Mostra de tinción PAS de aumento x10






















HIPÓTESES:

  • Cáncer
  • Intoxicación pola tinta da auga
  • Coccidiose
  • Giardiase
  • Solitaria

 ANÁLISE DE HIPÓTESES:

  • Cáncer

Esta opción foi descartada porque sería pouco viable que as 10 camadas de coellos afectados tiveran cáncer de intestino delgado.

  • Intoxicación pola tinta da auga

Consideramos esta hipótese porque na descrición do noso caso é unha das posibilidades que o dono do criadeiro considerou, pero nós descartámola porque si esa fora a razón da súa morte, todos os coellos do criadeiro serían os afectados.

  • Coccidiose
Consideramos esta posibilidade porque a coccidiose (que é provocada por un parásito denominado Oryctolagus cuniculus) se contaxia por unha mala hixene da xaula, por estar en contacto constante coas feces, estrés, mala alimentación e enfermidades que debiliten o sistema inmunitario. Os síntomas máis comúns son:
    • Falta de apetito
    • Pérdida de peso
    • Hinchazón
    • Diarrea
    • Estreñimento
    • Feces pastosas
    • Mal estar xeral
  • Giardiase
Consideramos esta posibilidade porque a giardiase (provocada polo protozoo Giardia intestinalis) é moi común e transmítese a través das feces. Presentan alteracións nas feces do coello que se presentan pastosas e ás veces con mucosidade. Esta bacteria pode producir diarrea ou deshidratación.
    • Solitaria
    Esta foi unha das primeiras teorías que consideramos porque a perda de peso que sufriron os coellos pareceunos que podería ser causado por este parásito, pero decidimos descartala porque nas mostras non se viu ningún tipo de alteración nin  de parásitos.

    CONCLUSIÓN:

    Os coellos morreron por culpa de algún tipo de bacteria ou parásito. Nós consideramos como posible bacteria a giardiase e como posible parásito a coccidiose, xa que os síntomas que producen son similares aos que presentaron os coellos antes de morrer.
    As causas polas que se puideron infectar poderían ser: pola contaminación da auga procedente da fábrica de tintas, por unha mala hixene das xaulas, por contacto coas feces ou por contacto con outros coellos que presentaban algunha destas enfermidades.

    WEBGRAFÍA:

    https://www.medigraphic.com/pdfs/cosmetica/dcm-2013/dcm131c.pdf  https://especialidades.sld.cu/histologia/tincion-de-papanicolau/tecnica-de-schiff-pas/
    https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionarios/diccionario-cancer/def/tincion-h-y-e
    https://www.clinicaveterinariasanjorge.com/p/enfermedades-gastrointestinales-en-conejos
    https://www.zooplus.es/magazine/roedores-y-hurones/cuidados-y-salud-de-roedores-y-hurones/coccidiosis-en-conejos
    https://ateuves.es/zoonosis-en conejos/#:~:text=Giardiasis,pastosas%20y%20a%20veces%2C%20con%20mucosidad.






     



     



    No hay comentarios:

    Publicar un comentario