miércoles, 1 de junio de 2022

Animal CSI - CASO 9B

 Caso 9

INTRODUCCIÓN:

Unha ovella que provén dunha granxa de 150 animais con diarrea crónica nun 2% e mortalidade esporádica.Estas ovellas mostraron adelgazamento, non responderon ao tratamento e logo de dúas semanas apareceron varias mortas. E queremos saber a causa destas mortes.


SÍNTOMAS:

No exame externo a ovella presentaba distensión abdominal e delgadeza extrema, o tecido subcutáneo apenas tiña graxa e os músculos das extremidades posteriores estaban atrofiados. A cavidade torácica do animal contiña un líquido transparente. Observouse unha conxestión marcada dos vasos mesentéricos, atrofia serosa da graxa e linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes. Na apertura do tubo dixestivo observouse que a mucosa intestinal do íleo estaba engrosada. Atopouse hepatomegalia e os conductos biliares estaban engrosados e ao cortalos tiñas parasitos platihelmitos no seu interior.


MOSTRAS:

Achegáronse dúas preparacións histolóxicas tinguidas con H&E e Ziehl-Neelsen.

- A tintura Ziehl-Neelsen é unha técnica de coloración diferencial que permite a identificación de bacilos ácido-alcohol resistentes (BAAR). Entre os BAAR encontranse as microbacterias, axentes estiolóxicos de enfermidades como a tuberculose e a lepra.

- A tintura H&E axúdanos a ver detalles da estrutura celular e tisular, xa que a hematoxilina tingue con precisión os compoñentes nucleares (heterocromatina, nucléolos...) e a eosina tingue os compoñentes citoplasmáticos (coláxeno, fibras elásticas, musculares, glóbulos vermellos...) Esta tintura axúdanos a identificar, concretamente, enfermidades coma o cancro.


As nosas mostras:



X4 intestino groso tinguido con H&E                 



X4 mostra de intestino groso tinguido con Ziehl-Neelsen

X10 mostra de intestino groso con Ziehl-Neelsen.


Estas tinturas permitíronnos comezar a formular hipóteses.


HIPÓTESES:

Hipótese 1: A ovella ten cancro

Propuxemos esta hipótese xa que as tinturas de H&E axudan a detectar cancro e polo tanto, existe a posibilidade de que a ovella teña cancro.

Ademáis das tinturas de HyE, a ovella presenta algúns síntomas en común cos síntomas do cancro.

Sintomas do cancro: 

Protuberancia ou bulto, heridas que non terminan de cicatrizar, vómitos e/ou diarreas, dificultade respiratoria, dificultade para tragar, cambios na cantidade de comida que inxire, pérdida de peso e palidez de mucosas.

Síntomas en común cos síntomas do cancro: Engrosamento da parede e mucosa intestinal.

Mostras:



A nosa mostra en x10                  Mostra intestino con cancro

Como podemos apreciar na imaxe da nosa mostra, esta non presenta agrupacións de cor rosa  (as cales son os inicios dun tumor) como se ve na da dereita .

Co que podemos dicir que a nosa ovella non presenta cancro, xa que non presenta agrupacións de células tumorales en ningunha das partes do intestino e porque tampouco presenta os síntomas propios deste..

Como a tinción Ziehl-Neelsen pode axudar a identificar enfermidades como a tuberculose e a lepra as propuxemos as seguintes hipóteses:



Hipótese 2: A nosa ovella ten lepra.

Primeiramente, eliximos esta hipótese porque tiñamos unha mostra con tintura HyE, a cal é usada para detectar enfermidades como a lepra.

Para comezar, a lepra pódese transmitir destas maneiras: pola inhalación dunha bacteria contida nas gotas dispersas no aire que se expulsan ao tusir ou estornudar,  polo contacto cos líquidos nasais dunha persoa, polo contacto cercano prolongado, é probable que os xérmes ingresen ao organismo a través de feridas na pel,...

Os animais poden contraer lepra polo contacto con persoas ou outras fontes ambientais.

A lepra maniféstase por medio de lesións dérmicas e do sistema nervioso periférico como tuberculoides, lepromatosa e intermedias.

O diagnóstico desta enfermidade realízase por medio da visualización de bacilos e da biopsia cutánea.

Os síntomas de lepra son os seguintes: lesións cutáneas (máis claras que a pel normal), lesións que presentan diminución da sensibilidade, lesións que non sanan, debilidade muscular e entumecimento ou ausencia de sensibilidade en manos, brazos, pés e pernas

Como a nosa ovella non presentaba ningún destes síntomas, descartamos esta hipótese.



Hipótese 3: A nosa ovella padece de paratuberculose.

Cremos que a nosa ovella ten paratuberculose porque mediante a tintura de Ziehl Nielsen observáronse microorganimos tinguidos de vermello.

A parte disto, tamén cremos que tiña paratuberculose porque esta tiña síntomas propios desta enfermidade: diarrea incontrolada, pérdida crónica de peso, mucosa ileal corrugada, aumento do volume de nódulos linfáticos mesentéricos e engrosamiento dos vasos linfáticos mesentéricos.

A nosa ovella puido contraer esta enfermidade a través de la inxestión de materia fecal, leite ou calostro contaminados coa bacteria, sendo a forma máis común a inxestión de materia fecal de animais infectados. 



Mostras:

 

  A nosa mostra x10                       Mostra intestino con pararuberculose

Como podemos ver na imaxe, apréciase a mesma estrutura en ambas fotos.


CONCLUSIÓNS:

Debido as similitudes que presenta o noso caso cos da paratuberculose, concluímos que a nosa ovella padece esta enfermidade.


BIBLIOGRAFÍA:

https://www.leicabiosystems.com/es-es/knowledge-pathway/he-staining-overview-a-guide-to-best-practices/

https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionarios/diccionario-cancer/def/tincion-h-y-e

https://www.leicabiosystems.com/es-es/knowledge-pathway/he-staining-overview-a-guide-to-best-practices/

-https://www.cancer.gov/espanol/cancer/diagnostico-estadificacion/sintomas

-https://www.cancer.org/es/cancer/cancer-de-origen-primario-desconocido/deteccion-diagnostico-clasificacion-por-etapas/senales-sintomas.html

- https://www.siicsalud.com/dato/resiiccompleto.php/149774

http://mmegias.webs.uvigo.es/6-tecnicas/5-general.php?tema=#he














Noelia Díaz Lorenzo

Martín Gallego Iglesias

Ainhoa Iglesias Torres

Paula López Rodríguez


No hay comentarios:

Publicar un comentario