HISTOLOXÍA ANIMAL
1-A necropsia dun Lirio
Obxectivo
A investigación que estivemos a realizar durante estos días tiña como propósito aprender a técnica da necropsia e saber como realizala coas nosas propias mans, deferenciar cales son os distintos órganos do animal e como realizar o experimento.
Que é unha necropsia?
A necropsia é un estudo completo dun cadáver animal para coñecer e determinar os cambios morfolóxicos en órganos e tecidos que nos permitan averiguar as causas da morte ou enfermidade do mesmo.
Materiais
Descripción do peixe antes de ser estudado:
Como se realizou a necropsia?
Cando levamos a cabo a necropsia do noso peixe, en concreto un lirio, precisamos ter unha serie de pasos en conta para poder ter éxito. Estes pasos son os seguintes:
- Primeiro debemos de inspeccionar o peixe observando as súas escamas, pel, aletas, boca e branquias.
- Despois comezaremos buscando o ano do animal (neste caso, nun punto debaixo da gorxa indicado cunha frecha de cor azul), unha vez que o logramos atopar collemos unhas tixeiras esterilizadas e abertas, introducímolas e realizamos un corte na carne en liña recta ata máis ou menos a aleta pectoral, abarcando a maior parte da zona ventral do animal (indicado coa cor vermella).
- Unha vez realizado o corte deberemos de
apartar a carne sobrante da zona deixando
ao descuberto os órganos do lirio.
- O que podemos observar é unha membrana que protexe unha serie de órganos:
Cando se trata de extraela débese de ter extremo coidado xa que a capa que a forma é moi fina e rompería facilmente.
2- O fígado, cerebro, corazón, ollos...
Para extraer o cerebro precisáronse dunhas tixeiras para poder abrir o crania e desta forma extraer o encéfalo.
Nas fotos que se mostran na parte superior pódense observar distintas partes que se foron extraendo do lirio.
- Unha vez realizada a disección soamente queda lavar os utensilios empregados e listo.
Frotis sanguíneo
Este é un proceso polo que se crean as mostras de sangue, para realizalo deberemos de:
IMAXEN 1
IMAXEN 2
1- Cun contagotas/pipeta deberemos de poñer unha gota de sangue (imaxen 1), no noso caso extraímos sangue fresca do peixe, para realizalo deberemos de agarrar unha xeringa e añadirlle unha agulla, unha vez composta deberemos de pinchar ao peixe por enriba da aleta lateral ata que chegemos á espiña, unha vez chegados tiramos da xeringa e debería de saír sangue.
Para continuar co frotis deberase de:
2- colocar a gota no portaobxectos, e con outro porta deberemos de colocalo enriba da gota de sangue de tal forma que a sangue se extenda polo lateral do porta, despois arrástrase (imaxen 2) hacia un lado de forma inclinada e déixase secar o sangue.
A primeira sería a que sellaría a mostra, a segunda a que propiamente a tinguiría e a terceira a que axudaría a facer ambas funciones anteriores.
Débense seguir unha serie de pasos, sumerxir e sacar a mostra 5 veces en cada bote de substancia e unha vez tinguida deberase de lavar mi suavemente con auga para poder eliminar os restos da terceira substancia.
Estas son algunhas das mostras da sangue de lirio que conseguimos extraer.
(podemos saber que a sangue non son de mamífero debido a que os glóbulos vermellos teñen núcleo)
2-CSI caso 9- A ovella
Explicación do caso
O caso comézase a investigar nunha granxa de 150 ovellas onde empezan a producirse mortes esporádicas e os animais mostraron un adelgazamento progresivo preocupante. Realízase un intento de curalas pero ninguna delas responde ao tratamento que se lles recetou. Dúas semanas despois atópanse un par de ovellas mortas no prado, unha delas con mordeduras na gorxa en avanzado estado de descomposición e a outra en rigor mortis.
Síntomas
A ovella que se atopaba en mellor estado someteuse a unha necropsia na cal se descubriro varias cousas:
- No examen externo presentaba unha distensión abdominal (hinchazón no abdome), delgadez extrema, o tecido subcutáneo apenas tiña graxa e os músculos das extremidades posteriores estaban atrofiados.
- Por outra parte no examen interno, a cavidade torácica contiña aproximadamente 100 ml dun líquido transparente, observouse unha conxestión marcada dos vasos mesentéricos, atrofia serosa da graxa e linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes.
Cando se abriu o tubo dixestivo puidose detectar que a mucosaintestinal do íleo atopábase lixeiramente engrosada.
Atopouse hematomegalia (agrandamento do fígado) e os condutos biliares estaban engrosados, ao cortalos, detectáaronse parásitos platihelmintos trematodo no interior.
Mostras (todas as imaxes teñen un aumento x40)
A partir destas 2 mostras pódese empezar a deducir algunha hipótese:
Hipóteses
Hipótese 1
Despois de ler os resultados dos exámenes da necropsia da ovella, comenzouse a investigar sobre os parásitos atopados nos condutos biliares da mesma.
Descubriuse existen unha especie de trematodos que afectan sobretodo ao gando ovino, a fasciola hepática ou tamén chamada vulgarmente duelas do fígado, soen atoparse nos vasos biliares que foi onde se di que estaban cando a necropsia foi realizada.
Tamén, estos parásitos instálanse definitivamente nun individuo da seguinte maneira:
Primeiro cando vermes novos atravesan o intestino polo cal chegan á cavidade intestinal e posteriormente aos condutos biliares e o fígado.
De esta forma podería explicarse por que nas mostras módese apreciar algún que outro ovo no tecido intestinal que nos dan nas mostras, xa que ao empezar a súa travesía se atopan no intestino.
Esta estadía pode provocar inchazón o cal coincide coa información que se nos aportou.
Hepatomegalia, constipación, periodos de diarrea, nauseas, vómitos, pérdida de peso...
A meirande parte destos síntomas coinciden coa información que se nos da polo que creese que a causa das mortes esporádicas no ganado fora este pequeno parásito.
Bibliografía:
Imaxe da vexiga natatoria
https://www.marcosgodoy.com/index.php?option=com_content&view=article&id=144:deformaciones-de-vejiga-natatoria-en-trucha-arcoiris-oncorhynchus-mykiss&catid=110:deformacion-de-vejiga-natatoria&Itemid=435&lang=es
file:///C:/Users/USUARIO/Downloads/root,+Journal+manager,+vasquezpeces.pdf
CSI:
https://www.msdmanuals.com/es-es/hogar/infecciones/infecciones-parasitarias-trematodos/introducci%C3%B3n-a-las-infecciones-por-trematodos
https://www.msdmanuals.com/es-es/professional/enfermedades-infecciosas/trematodos-duelas/fascioliasis
No hay comentarios:
Publicar un comentario