INTRODUCIÓN
Copo (un can) é o heroe da Unidade Canina de Busca e Rescate da Protección Civil de Castro de Grelos. Vanlle realizar un recoñecemento clínico debido a que presenta unha sintomatoloxía anormal.
DATOS APORTADOS POLO INFORME
Copo tiña unhas pequenas feridas nun costado e unha mancha vermella no beizo. Pasada unha semana, o can perdera o apetito, vomitaba continuamente e as súas feces eran negras. Durante o recoñecemento clínico, a veterinaria viulle dúas carrachas por detrás das orellas. Finalmente, un frotis sanguíneo tinguido con panóptico rápido permitiu diagnosticar a súa enfermidade.
Agora procederemos a buscar hipóteses que se correspondan con eses síntomas.
![]() |
| Copo (can enfermo) |
![]() |
| Células de Copo que se observan |
HIPÓTESES
1. Que pode ter en función da perda de apetito, vómitos e feces negras?
Pensamos, pola nosa búsqueda, que se pode tratar de algún tipo de anemia.
2. Que pode presentar en función das carrachas e da diminución de glóbulos vermellos?
Procederemos a buscar enfermidades que poidan causar as carrachas.
INVESTIGACIÓN DA VERACIDADE E ANÁLISE DE DATOS
Os frotis sanguíneos permiten observar se os resultados dos glóbulos vermellos son normais, e isto podería indicar se padece anemia, entre outras enfermidades. Como se lle realizara un frotis sanguíneo que permitiu diagnosticar a súa enfermidade, levounos a pensar que pode ter anemia.
Na nosa indagación por Internet, atopamos que a anemia por deficiencia de ferro é un tipo frecuente de anemia no que o sangue non ten a cantidade suficiente de glóbulos vermellos. As carrachas (que Copo tiña dúas nas orellas) en caso de infeccións intensas, poden provocar esta enfermidade dunha forma máis ou menos severa, debido á pérdida de sangue. Isto podemos afirmalo ao observar co microscopio que o can presenta unha diminución notable de glóbulos vermellos con respecto a unha mostra de can san. O can infectado por carrachas pode presentar síntomas como vómitos ou falta de apetito. Isto era o que padecía Copo.
Con estas dúas imaxes, podemos observar perfectamente a importante diminución de glóbulos vermellos comentada anteriormente.
![]() |
| Células observadas do can san |
Algúns signos e síntomas da anemia por deficiencia de ferro teñen relación coas causas da enfermidade. Por exemplo, as deposicións (materia fecal, excremento ou feces) de cor negra. O informe dicía que as feces de Copo eran negras.
Outros síntomas nos cans son falta de apetito e debilidade. Esa debilidade pode deberse aos vómitos (no caso de Copo).
Por último, a anemia pode provocar gretas nas comisuras da boca, e resulta que Copo tiña unha ferida no beizo.
Unha última búsqueda sobre as enfermidades que poden provocar as carrachas, levounos a crer que podía ter babesiose, que é unha enfermidade parasitaria semellante á malaria, provocada por protozoos do xénero Babesia Canis e que adoita afectar aos animais domésticos, en especial aos cans.
Os parasitos (Babesias) que a causan infectan os glóbulos vermellos.
En caso de presentar síntomas, os máis frecuentes (e que presenta Copo) son:
- Anemia
- Vómitos
- Debilidade
- Pérdida do apetito
CONCLUSIÓNS
Unha vez rematada a nosa investigación, concluímos que Copo presenta babesiose. Non podemos estar 100% seguras porque non conseguimos atopar á Babesia mirando a mostra no microscopio.
Para chegar a esta conclusión, servímonos de que esta enfermidade causa anemia, e pola importante diminución de glóbulos vermellos que presentaba o can, poderiamos afirmalo. Ademais, a pérdida de apetito e vómito tamén son producidos por esta. Polo que todo o que padece, se explica coa babesiose.
WEBGRAFÍA
https://blog.arion-petfood.es/6-causas-posibles-del-vomito-en-los-perros/
https://www.hmhospitales.com/prensa/noticias/anemia-deficiencia-hierro
https://www.expertoanimal.com/anemia-en-perros-causas-sintomas-y-tratamiento-21566.html
https://medlineplus.gov/spanish/pruebas-de-laboratorio/frotis-de-sangre/
https://www.anicura.es/consejos-de-salud-para-mascotas/perro/garrapatas-en-el-perro/







No hay comentarios:
Publicar un comentario