NECROPSIA
A necropsia pódese definir como o exame completo, ordenado e sistemático que se realiza ao cadáver dun animal co fin de determinar cambios morfolóxicos ou lesións en órganos e tecidos que nos axuden a determinar a causa da súa morte ou enfermidade. Neste proceso é moi importante definir e explicar ben todo o que observamos, sobretodo se encontramos algunha patoloxía.
Neste caso nós realizamos a necropsia dunha troita pequena. Tamén realizamos un frotis sanguíneo que explicarei máis tarde.
Todo o proceso debe realizarse con lubas e necesitaremos os seguintes materiais:
1: Bandexa
2: Bisturí
3: Tesoiras
4: Pinzas
5: Portaobxectos (para o frotis)
Comenzaremos a necropsia seguindo os seguintes pasos:
1: O primeiro paso é realizar un exame externo do animal e identificar os órganos, partes e patoloxías que se poden ver a simple vista. Estas son as partes que podemos identificar dunha troita externamente:
1: Boca 7: Aleta dorsal
2: Ollo 8: Aleta adiposa
3: Opérculo 9: Aleta caudal
4: Liña media 10: Aleta pectoral
5: Ano 11: Aleta pélvica
6: Pedúnculo 12: Aleta anal
2: Agora imos facer o exame interno. durante este proceso hai que intentar dañar o menos posible os órganos. Por iso hay un procedemento preciso para realizalo correctamente.
3: Facemos unha incisión na cavidade abdominal. Introducimos as tesoiras no ano e realizamos un corte ata un pouco máis alá da aleta pectoral. Una vez cortado comenzamos a separar a parede abdominal con moito coidado. Desta maneira podemos ver moitos dos órganos internos do peixe.
1: Estómago
2: Tubo dixestivo
3: Vexiga natatoria
4: Bazo
5: Intestino
4: Agora comezaremos coa extracción dos órganos . O primero que temos que extraer é a vexiga natatoria, co bisturí separamos o intestino sen separarlo do resto do tubo dixestivo, pero permitindonos ter unha visión completa da vexiga natatoria. Para extraela temos que separala das paredes coa axuda do bisturí. Hai que facelo con moito coidado de non pinchala.
5: Para a extracción do tubo dixestivo facemos un corte coa tesoira no esófago e separamos coa axuda do bisturí o tubo dixestivo completo.
1: Intestino6: O seguinte que hai que extraer é o ril. Este órgano encóntrase detrás da vexiga natatoria e é alongado.
7: En canto ao corazón este encóntrase enriba da aleta pectoral e o extraemos coa axuda das pinzas.
8: Agora procedemos a comezar coa cabidade cranial. Realizamos un corte triangular coas tesoiras na parte superior, cortando todos os tecidos ata chegar ao encéfalo. Este retirámolo con axuda das pinzas.
11: Unha vez teñamos todos os órganos extraídos e todos os pasos ben feitos e analizados pasamos a examinar todos os órganos en búsqueda de patoloxías ou sinais evidentes da morte ou da enfermidade.
FROTIS SANGUÍNEO
O frotis sanguíneo é unha proba de diagnóstico rápido que se realiza mediante a extracción e preparación da sangue do animal coa finalidade de ver as células e organismos presentes na sangue do individuo.
No noso caso realizamos un frotis sanguíneo de troita, fixemos esta pobra á vez dunha necropsia, durante o exame externo do animal.
Precisaremos os seguintes materiais:
1: Xeringa de 1 ml de capacidade
2: Portaobxectos
3: Kit de tinguidura
4: Microscopio
Unha vez coñecemos os materiais comenzamos a realizar o frotis.
1: O primeiro paso é extraer o sangue da troita. Facémolo da vea caudal que se situa baixo a liña lateral. Cravamos a agulla da xeringa uns milímetros por debaixo desta liña nunha zona cercana á aleta caudal. A agulla ten que ser dirixida hacia arriba e con un ángulo aproximadamente de 45º.
2: Unha vez temos a sangue colocamos unha gota dela nun extremo dun portaobxectos (1) e coa axuda doutro extenderémola (2). O segundo portaobxectos ten que arrastrar primeiro a sangue cara ao exterior do portaobxectos (3) e, con un rápido movemento ten que arrastrarse ata o final do portaobxectos (4). Ten que quedar unha capa moi fina.
3: O terceiro paso e realizar a tinción. Para isto nós utilizamos un kit de tinguidura rápida que basease en tres líquidos: líquido azul claro (panóptico rápido 1), líquido rosa (panóptico rápido 2) e líquido azul escuro (panóptico rápido 3).
É importante que a nosa mostra esté seca para comenzar o proceso. O primeiro que se fai é somerxer o portaobxectos 5 veces en cada líquido, seguindo a seguinte orde: azul claro, rosa e azul escuro. Non é necesario que a mostra seque entre un líquido e outro. O segundo paso é botar auga da billa sobre a nosa mostra nada mas sacala do último bote, hai que eliminar moi ben os excesos de tinte. Unha vez feito isto poñemos a nosa mostra a secar.
A diferenza dos glóbulos vermellos dos mamíferos os glóbulos vermellos das troitas teñen núcleo.















CORRIXIDO
ResponderEliminar