miércoles, 1 de junio de 2022

INVESTIGANDO UN CASO DE TROITAS. CASO 10

INTRODUCIÓN: 

Preséntasenos un caso de troitas dunha piscifactoría que na última etapa de engorde, ao cambiarlles o penso ,estas troitas deixaron de comer e apareceu un estraño moco no fondo do estanque.  

DATOS DO CASO: 

Chéganos ao Servizo de Anatomía Patolóxica unha troita de 350g femia para a realización dunha necropsia. Algúns síntomas que presentaban eran despigmentación da pel, perda de apetito, presenza dun moco amarelo no estómago ( que estaba dilatado) e a presenza dese mesmo moco no ano. O intestino tiña unha apariencia hemorráxica e moito moco e deixaron de crecer. Agora, analizaremos as mostras que temos para conseguir hipóteses e poder concluír algo.

Temos dúas mostras do intestino delgado da troita tinguidas con dous tintes diferentes, que serven para identificar diferentes cousas:

-Tinción Gram: serve para poder visulizar bacterias.

-Tinción hematoxilina-eosina: utilízase para identificar diferentes tipos de células e tecidos e así obter información sobre as características da mostra do tecido.


                                        



Tinción Hematoxilina-eosina (aumento x10)


Tinción Gram (aumento x10)



HIPÓTESES: 

As posibles causas que provocaron a morte das troitas son:

-Incorrecta temperatura da auga

-Anisakis

-Enfermidade bacteriana

-Contaminación auga

-Hidropesía

-Gastroenterite  

ANÁLISE DE HIPÓTESES:

-Auga contaminada, podería ser que a auga tivese residuos ou algunha bacteria que afectase ás troitas e en consecuencia, que enfermaran. Pode ser que este auga tivese feces de outros animais e polo tanto, que a Escherichia coli estivese nesa auga. Esta bacteria aparece na auga cando hai restos de feces de humanos, de animais ou cando é auga residual sen filtrar.

-Enfermedade bacteriana, xa que se nos presenta unha mostra tinguida con tinción Gram, que serve para ver bacterias. Polo tanto, podemos intuír que as troitas presentan bacterias. Ao analizar as mostras de intestino delgado aportadas e tinguida coa tinción Gram,observamos que a troita ten bacterias.

-Mala temperatura da auga, as troitas necesitan estar en auga temperá( entre 17 e 18 grados), entón se as introduces nun tanque de auga quente poderían enfermar. Aínda que o normal sería que morresen, xa que non sería posibles para elas vivir a esa temperatura. Polo tanto, esta hipótese queda descartada.  

-Hidropesía, podería ser porque é unha enfermidade moi típica en peixes. o problema é que estas troitas non presentan hinchazón nin aletas nin escamas erizadas. Polo tanto, descartamos esta hipótese.

-Anisakis, esta hipótese queda descartada, xa que os peixes de psifactoría están libres de anisaki porque as troitas son peixes de auga doce e só poden ter anisakis os de auga salgada. Polo tanto, é imposible que o presenten.  

-Gastroenterite, un dos síntomas é a perda de apetito e a aparición dun moco amarelo no ano, despigmentación No noso caso, as troitas presentan todos estos síntomas, polo tanto, o máis probable é que sexa gastroenteritis. Ademais, un signo interno é que a mucosa do intestino presente unha apariencia hemorráxica. Todo apunta a que isto foi o causante da morte.  

MOSTRAS APORTADAS:

Mostra coa tinción HyE (aumento x10) e as súas partes sinaladas



CONCLUSIÓN:

As troitas están enfermas por culpa de bacterias, a bacteria que creemos que provocou isto é a Escherichia coli. Isto deducímolo porque esta bacteria é a causante, entre outras enfermidades, da gastroenterite.

A causa de que se infectaran, podería ser que a auga estivese contaminada con restos de feces de outros animais.  A bacteria  Escherichia coli podería estar presente na auga por culpa de que nesa auga houbese restos de feces doutros animais que estiveran neste estanque anteriormente e que non se limpara antes de pasar as troitas para este. En consecuencia, que esta bacteria patóxena provocase unha gastroenterite. Esta sería a causante da aparición dese moco e desa aparente hemorraxia no intestino. 


WEBGRAFÍA: 

https://www.marcosgodoy.com/index.php?option=com_content&view=article&id=152:gastroenteritis-en-trucha-arcoiris-oncorynchus-mykiss-rtge&catid=124:enfermedades-emergentes&Itemid=504&lang=en

 https://es.wikipedia.org/wiki/Tinci%C3%B3n_de_Gram

http://www.ujaen.es/investiga/atlas/

No hay comentarios:

Publicar un comentario