viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO DUNHA TROITA

NECROPSIA TROITA 

Unha necropsia é un exame científico externo e interno dun animal, no noso caso unha troita, para saber a causa da súa morte. 

Materiais necesarios:

  • Unha troita
  • Unhas tesoiras 
  • Un bisturí
  • Un par de luvas 
  • Unhas pinzas
  • Unha bandexa ou recipiente para poñer a troita e os órganos que vamos sacando
  • Un papel para non manchar
MATERIAL NECESARIO 

Elaboración da necropsia:

Despois de coller os materiais necesarios comenzamos a facer a necropsia seguindo os seguintes pasos:
  1. Realizamos un exame externo onde observamos todas as partes da troita e se presenta feridas externas.                                                                                                                       
    EXAME EXTERNO DA TROITA
                                                                                                                                                                                                                                                                                    
  2. Agora vamos a realizar o exame interno, onde podemor ver se a troita ten algún órgano mal. Para realizalo primeiro abrimos a troita coas tesoiras pola cavidade abdominal, dende o ano a mandíbula. No exame interno inspeccionamos as cavidades abdominal, craneal e pericárdica.                                                                                                                           
    TROITA ABERTA POLA CAVIDADE ABDOMINAL


  3. Logo observamos todos os órganos do aparato dixestivo e extirpamolos un por un. Comezamos quitando o tubo dixestivo (formado por fígado, intestino, bazo e cegos pilóricos) despegandoo do corpo da troita co bisturí, cando xa este despegado cortamos o principio e o final coa tesoira. Na parte da gorxa tamén podemos encontrar o corazón que é un órgano moi pequeno en forma de pico. Logo seguimos coa vexiga natatoria, que é unha bolsa transparente que ten que estar hinchada. Con moito cuidado vamos despegándoa co bisturí, é moi fráxil entón e moi fácil que rompa (pasoume a min). Logo seguimos co riñon que é un órgano localizado debaixo da vexiga natatoria, é un órgano alargado e negro.                                                                                                                                        
    ÓRGANOS EXTIRPADOS

  4. Agora pasamos a sacar o cerebro, vámolo sacar cortando a cabeza en forma de triángulo, para poder ver e sacar o cerebro. Na cabeza atópanse tamén as branqueas, pero nunha parte máis externa.                                                                                                                                      
    ABERTURA DA TROITA POLA CAVIDADE CRANEAL


    BRANQUEAS DA TROITA

    5. Unha vez retirados todos os órganos queda finalizada a necropsia.

FROTIS SANGUÍNEO

Un frotis sanguíneo é un exame de sangue que nos dá información acerca do número e da forma das células sanguíneas.

Materiais necesarios:

  • Unha troita para sacarlle sangue
  • Unha xeringa de 1ml cunha agulla fina
  • Dous portaobxectos

Elaboración do frotis:

Para realizar o frotis sanguíneo é necesario seguir os seguintes pasos:
  1. Extraer o sangue da troita cravando a agulla na vea caudal (situada debaixo da liña lateral) cunha inclinación de 45º.
  2. Dese sangue que acabamos de extraer poñemos unha gota nun extremo dun portaobxectos.
  3. Agora collemos outro porta obxectos e coa axuda del extendemola, para realizar esta extensión apoiamos o portaobxectos na mesa e co outro extendemolo primeiro cara atrás ata que toque a gota, e logo cara diante (para poder ver ben as células sanguíneas ten que quedar ben extendido).
  4. A continuación deixamos secar a sangue, cando este seca procedemos a tinguila da seguinte forma:
    • Somerxemos a mostra 5 veces en cada tinte do kit de tingadura rápida.
    • Primeiro o tinte azul claro (panóptico rápido 1)
    • Despois somerxemola 5 veces na tinguidura rosa (panóptico rápido 2)
    • Por último outras 5 veces no tinte azul oscuro (panóptico rápido 3)
    • Finalmente, para acabar de facer o frotis sanguíneo acláranse os tintes con auga.

FROTIS SANGUÍNEO REMATADO

Unha vez este seca a preparación podémola mirar a microscopio.

VISTA DO FROTIS SANGUÍNEO A MICROSCOPIO

Podemos observar que os glóbulos vermellos dun peixe teñen nucleo mentres que os dun mamifero non.
NÚCLEO DOS GLÓBULOS
VERMELLOS DOS PEIXES



No hay comentarios:

Publicar un comentario