NECROPSIA TROITA
Unha necropsia consiste en realizar un exame externo e interno do animal morto para coñecer a causa da súa morte.
Para realizar a necropsia, necesitamos os seguintes materiais
-Unha troita
-Un bisturí
-Unhas tesoiras
-Un par de luvas
- Unhas pinzas
-Unha bandexa para pousar a troita
-Un papel para non manchar
Despois de coller os materiais necesarios, damos comezo á necropsia. Os pasos a seguir para a realización da necropsia son:
1- Realizamos un exame externo onde miramos se a troita presenta feridas externas. Unha vez observado isto, pasamos ao seguinte paso.
2- Agora vamos a realizar o exame interno. Onde observaremos se o animal presenta feridas nos seus órganos.
3-Abrimos a troita pola cavidade abdominal, dende o ano ata a mandíbula. Para isto utilizamos as tesoiras.
![]() |
| TROITA ABERTA POLA CAVIDADE ABDOMINAL |
4- Despois disto, vamos a observar os órganos do aparello dixestivo que hai no interior da troita e procedemos a extirpalos con cautela. Tamén, na parte da gorxa ( mais ou menos) encóntrase o corazón da troita. Inspeccionamos as cavidades abdominais, pericárdica e cranial.
![]() |
| PARTES DA TROITA SINALADAS |
5- Comezamos quitando o tubo dixestivo, formado polo fígado, bazo, cegos pilóricose intestino, cortando co bisturí o comezo e o final do mesmo. Para isto, temos que coller un bisturí e ir despegándo estes órganos do corpo da troita.
![]() |
| RIL E TUBO DIXESTIVO |
6-Seguimos coa retirada da vexiga natatoria, que debería estar hinchada, con moita cautela porque é moi fráxil e pode romper ( a min rompeume).
7-Despois de retirar esta, vamos proceder a quitar o ril, que se encontra xusto debaixo da vexiga natatoria, de cor negra e forma alargada.
8-Agora pasamos á cabeza. Recortamos a cabeza realizando un triángulo para, desta forma, poder encontrar e ver o cerebro. Unha vez encontrado retirámolo con precaución.
![]() |
| ABERTURA DA TROITA POLA CABEZA |
| BRANQUIAS DA TROITA |
10-Unha vez retirados todos os órganos, obsérvase se presentan feridas e estúdase a enfermidade pola que morreu, analizando as feridas externas e internas. Despois disto, a necropsia queda finalizada.
FROTIS SANGUÍNEO
Un frotis sanguíneo é un exame de sangue que proporciona información sobre o número e a forma das células sanguíneas.
Para realizar o frotis sanguíneo, necesitamos os seguintes materiais:
-Unha troita
-Unha xeringa
-Dous portaobxectos
Pasos para realizar un frotis:
1-Extraer sangue da troita coa xeringa. Para isto,cravamos a xeringa por debaixo da liña lateral pola parte da cola, cunha inclinación de 45 grados.
2- Dese sangue que extraemos, poñemos unha gota nun portaobxectos.
3- Coller o outro portaobxectos e realizar a técnica do frotis, que consiste en: extender esa gota empregando o outro portaobxectos. Primeiro, extendémola para atrás co portaobxectos inclinado e despois cara a diante, ata o final. Ten que quedar ben extendida
4- Acto seguido, deixámola secar e cando esté seca, procedemos a tinguila con diferentes tintes.
Primeiro sumerxémola 5 veces na tinción azul clarito (panóptico 1)
Despois, facemos o mesmo co tinte rosa (panóptico 2)
Por último, sumerximos a mostra 5 veces na tinción azul escura (panóptico 3)
Despois aclárase con auga e déixase secar. Cando esté seca, poderemos vela no microscopio.
![]() |
| FROTIS SANGUÍNEO REMATADO |
ANÁLISE DA MOSTRA A MICROSCOPIO:
Realizamos un frotis sanguíneo e cando estaba seco, observámolo a microscopio e isto foi o que vimos:
Na mostra podemos ver os glóbulos vermellos. Os glóbulos vermellos dos peixes teñen núcleo, ao contrario que os dos humanos, que carecen de núcleo.
![]() |
| FROTIS SANGUÍNEO |







CORRIXIDO
ResponderEliminar