viernes, 3 de junio de 2022

 

NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO DUNHA TROITA:

NECROPSIA:

Unha necropsia é un exáme do cadáver dun animal co fin de determinar a causa da norte ou enfermidade.

O material para realizar a necropsia é o seguinte:

-Tesoiras

-Luvas

-Pinzas

-Bandexa para depositar a troita

-Papel para non manchar 

 A necropsia ten dúas etapas:

1.O exame externo, que consiste en comprobar que no exterior do noso animal está todo ben. Neste exame externo debes inspeccionar a pel, as aletas, as branquias, os ollos e a boca.




2.Exame interno que consite en comprobar, coa apertura da cavidade abdominal, que está todo ben. A apertura da cavidade abdominal realízase facendo unha incisión dende o ano ata a mandíbula. Unha vez que comprobamos que todo está ben pasaremos a extirpar os órganos da troita.




Os órganos deberán ser extraídos con coidado coa axuda das pinzas. Para extraer o cerebro deberemos facer cas tesoiras un triángulo na cabeza da troita para cas pinzas extraer con moito cuidado o cerebro.


FROTIS SANGUÍNEO:

O frotis sanguíneo é unha proba que se realiza para analizar o sangue do animal morto ou enfermo.

Materiais necesarios para facer o frotis:

- Xiringa con agulla
- Dous portaobxectos
- Tres botes con tinte
- Luvas

Para comenzar a analizar o sangue debemos extraelo, e para iso debemos pinchar á troita coa agulla no final da liña media. Unha vez extraído o sangue vamos colocar unha gota deste nun portaobxectos para despois extendelo con outro portaobxectos , debemos mover o portaobxectos que extende o sangue da segunte forma:
Primeiro moverémolo un pouco cara atrás para logo movelo cara delante para que quede o sangue extendido por todo o portaobxectos.
Unha vez feito esto debemos tinguir o noso portaobxectos con tres tintes distintos, para despois lavar a nosa mostra e deixar secar. 

Na seguinte imaxe observamos o sangue tingido e lavado:



Nesta imaxe podemos observar o sangue de troita no microscopio:





Días posteriores fixemos o frotis do sangue dun can e obtiveronse os seguintes resutados:



As diferenzas que se observan son que os glóbulos vermellos do sangue de mamífero non teñen núcleo, en cambio os glóbulos vermellos da troita si que teñen núcleo.











No hay comentarios:

Publicar un comentario