viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia sardiña e frotis sanguíneo

 NECROPSIA

A necropsia é o examen completo, ordeado e sistemático do cadáver nun animal co fin de determinar cambios morfolóxicos en órganos e tecidos que nos permitan coñecer a causa da morte ou enfermidade,no meu caso unha necropsia dunha sardiña,

-

Procedemento

Preparamos todo o material necesario para realizar esta proba, poñemos guantes e colocamos o peixe sobre o lado dereito. Inspecionamos externamente o peixe e tomamos unha mostra de escamas,aletas, ollo e branquias, levantando o opérculo previamente. Pasamos ao exame interno, para isto realizamos unha incisión pola liña media desde o ano ata a boca e levantamos levemente a parede abdominal para inspeccionar as vísceras da sardiña, observamos a cavidade abdominal,pericárdica e cranial. Extraemos as vísceras e no meu caso conseguín ril, fígado,encéfalo, corazón, lengua e bazo. Finalmente recollemos e lavamos todo o material e superficies nas que traballamos e tomamos fotos das mostras.


Material:

  • Tixeiras

  • Pinzas

  • Bisturí

  • Guantes

Fotos:


1.Branquias 2. Ovarios 3. Dixestivo 4. Ollo 5. Corazón 6. Escamas 7. Aletas 8. Encéfalo 9. Lengua 10. Dixestivo


Técnicas de diagnóstico rápido: Frotis sanguíneo.


Nos nosos peixes foi posible extraer sangue da vea caudal.Para extraela cravamos a agulla  (nós utilizamos unha de 5ml) uns milímetros por debaixo da liña lateral, dirixíndoa cara arriba cun ángulo aproximado de 45º. Ao conseguir sangue decidimos facer un frotis sanguíneo que se fai da seguiente maneira. Colocamos unha gota da sangue de sardiña no extremo dun portaobxectos e apoiamos outro portaobxectos co que imos estender inclinado por diante da gota. De seguido movémolo amodo cara atrás ata que toque a gota e facemos un movemento rápido e continuo cara adiante para extendelo debidamente.

Agora debemos tinguir a mostra, para isto imos utilizar un dos kits de tinguidura rápida así que deixamos secar a mostra ao aire e somerxémola cinco veces en cada un dos tres líquidos do kit. Primeiro o líquido azul claro- panóptico rápido 1, despois no rosa-panóptico rápido 2- e finalamente o último a tinguidura azul escura- panóptico rápido 3-. Pòr último aclaramos con auga da bila e cando estea seca podmeos observala ao microscopio e tratar de identificar células sanguíneas.Fixemos o mesmo procedemento con sangue de can e sangue de gato proporcionado pola profesora.

 

Mostras sen tinguir                                  mostras tinguidas

.


Análise da mostra no microscopio:

Sangue de sardiña


150x aumentos


Sangue de gato

60x aumentos


 








No hay comentarios:

Publicar un comentario