Nesta práctica realizamos unha necropsia a unha
troita e un frotis sanguíneo da sangue desta. Utilizaremos luvas de
látex durante todo o procedemento.
O primeiro paso sería examinar o aspecto externo
(indicaremos as partes máis adiante) da troita, o cal nos axudará a
coñecer a causa da morte, pero, ao ser comprada, non será necesario
facelo.
Para o frotis sanguíneo utilizaremos unha xiringa
cunha agulla, 2 portaobxectos e 3 botes de tintura
diferentes.
Buscaremos a liña lateral, pois baixo esta
encóntrase a a vea caudal, da que sacaremos o sangue. Unha vez
extraído, procederemos a colocar unha gota de sangue no
portaobxectos e a estenderemos coa axuda doutro.
Tras isto realizaremos a tintura.
Para isto introduciremos o portaobxectos coa mostra 5 veces en cada
tinte, seguindo a seguinte orde: azul claro (panóptico 1), rosa (panóptico 2) e azul escuro (panóptico 3).
Aclararemos con auga da billa e, unha vez seque, poderemos observar a
preparación baixo o microscopio.
Para a necropsia utilizaremos: bisturí, tesoiras,
pinzas e unha caixa na cal iremos deixando os órganos extraídos.
Primeiro abriremos ao peixe, para iso cortaremos
coas tesoiras dende o ano ata a aleta pectoral. Unha vez aberto
poderemos observar os órganos internos.
Realizaremos un corte no intestino cerca do ano e
outro na traquea para extraer os órganos citados anteriormente.
Agora veremos tanto o corazón coma a vexiga natatoria e o ril (tras
a vexiga natatoria). Para sacar o resto:
- Seccionaremos o bulbo arterioso para extraer o corazón.
- Coa axuda do bisturí iremos raspando os laterais da vexiga natatoria para separala da carne.
- Faremos igual ca coa vexiga natatoria para extraer o ril.
Xa soamente queda por extraer os ollos e abrir a
cavidade cranial. Cravaremos o bisturí con coidado nos laterais dos
ollos para cortar, tentando non rompelos, e poder sacalos.
Abriremos a cavidade cranial realizando un corte
en forma de triángulo coas tesoiras no cranio, deixando ao
descuberto o encéfalo.
Material:
- Bandeixa (onde teremos o peixe e os órganos extraídos)
- Papel (para evitar manchar)
- Bisturí
- Xiringa con agulla
- Pinzas
- Tesoiras
Partes externas:
- Ollos (órganos visuais)
- Boca
- Opérculo (detrás del están as branquias)
- Liña media (órgano sensorial)
- Aleta dorsal (función estabilizadora)
- Aleta adiposa
- Aleta caudal (xera empuxe)
- Pedúnculo (empuxe)
- Aleta anal (función estabilizadora)
- Ano (abertura do tracto dixestivo, expulsa as feces)
- Aleta pélvica (función estabilizadora)
- Aleta pectoral (participa no movemento)
Partes internas:
- Esófago (comunica a boca co estómago)
- Estómago (onde dixire a comida)
- Intestino (absorción dos nutrientes)
- Fígado (produce bile, que axuda a dixerir graxas e proteínas, elimina deshechos da sangue e actúa coma unha reserva de alimentos)
- Bazo (centro de actividade do sistema inmune)
- Vexiga natatoria (desinflada) (órgano de flotación)
- Ril (elimina substancias nocivas do sangue e encárgase da osmorregulación [balance auga-sal])
- Ollos (órganos visuais) (non parte interna)
- Encéfalo (parte central do sistema nervioso)






CORRIXIDO
ResponderEliminar