A necropsia é o exame completo, ordenado e sistemático do cadáver dun animal co fin de determinar cambios morfolóxicos en órganos e tecidos que nos permitan coñecer a causa da morte ou da enfermidade. No meu caso o peixe que teño é un lirio
Procedemento:
Colocamos o peixe sobre o lado dereito, teremos o material necesario a man para realizar esta proba. Inspeccionamos pel, aletas, ollos, boca e branquias. Intentamos quitar unha mostra de escamas, pero o meu peixe non mo permitiu. A continuación extraemos una mostra das branquias levantando o opérculo.
Realizamos unha incisión desde o ano ata a boca levantamos a parede abdominal, para desde modo, observar as cavidades internas do peixe, abdominal, pericárdica e cranial do lirio e extraemos todas as cavidades que nos fora posible, no meu caso ril, intestino, corazón, encéfalo, ollo, branquia e lengua.
Material:
Bisturí
Tixeiras
Dous tipos de pinzas
Fotos:
Foto do aspecto inicial do lírio e de todo o material empregado
Foto dunha parte do proceso da necropsia.
Foto de todo os membros que conseguín extraer.
1-Encéfalo 4-Ril 7-Ril
2-Ollo 5-Ril 8-Branquia
3-Lengua 6-Corazón 9-Dixestivo
Probas de diagnóstico rápido: Frotis sanguíneo.
No meu peixe despois de varios intentos foi posible extraer un pouco de sangue da vea caudal que se atopa baixo da liña lateral. Para isto utilizamos unha xiringa de 5ml, que cravei uns milímetros por debaixo da liña lateral, dirixíndoa cara a arriba cun ángulo aproximado de 45º. Logo de extraer a sangue a coloquei unha gota sangue nun portaobxectos e extendina coa axuda doutro portaobxectos.
O procedemento para conseguir unha boa extensión consiste en apoiar o portaobxectos co que extendemos inclinado por diante da gota. A continuación movémolo amodo cara atrás ata tocar un pouco a gota e de seguido facemos un movemento continuo cara a diante para obter para obter a extensión.
A continuación unha vez secas as mostras, as tinguimos somerxendo 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida ( primeiro o líquido azul claro -paróptico rápido 1- , despois na tinguidura rosa - panóptico rápido 2- e final metemolo na tinguidura azul escura -panóptico rápido 3- , aclárase con auga e poñémoslle o cubreobxectos. Cando estea seca podémola ver no microscopio.
Frotis de Lirio, gato e can.
Sangue lirio
x40 aumentos.
Os glóbulos vermellos do lirio conteñen núcle.
Sangue gato
x40 aumentos.
Os glóbulos vermellos do gato non conteñen núcleo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario