viernes, 3 de junio de 2022

PCR

 1.Obxectivo:


O obxectivo deste proxecto é analizar unhas mostras para verificar se son completamente de tenreira ou conteñen trazas de carne de porco. Para realizar este proceso levaremos a cabo una proba chamada PCR coa que o  determinaremos. O obxectivo desta proba é obter un gran número de copias dun fragmento de ADN concreto, partindo dun mínimo; En teoría, abonda con partir dunha única copia dese fragmento orixinal. Coa PCR, esa peza de ADN é amplificada (multiplicada) para que poida ser detectada. Ás veces, a PCR úsase para identificar certos cambios nun xene ou cromosoma que axudan a detectar e diagnosticar unha condición ou enfermidade xenética.



2.Hipótese:


 Unha vez coñecido o obxectivo do traballo, seguiremos as indicacións e unha vez completado o proceso engadiremos o laranxa de tiazol que o que fará e aportar fluorescencia. Se a carne fose tenreira ao ver a mostra no transiluminador esta non sería luminescente  polo contrario se é luminescente sería carne de porco.


3.Deseño do experimento:


Procedemento: 


  1. Lavar as mans, limpar a superficie da mesa con alcohol e poñer guantes.

  2. Rotular todos os tubos na tapa e polo lado. Poñelos en orde para evitar errros.

  3. Ir engadindo os reactivos na orde na que aparecen na seguinte táboa. Na táboa móstranse os volumes para unha mostra. Posto que imos facer seis, mesturar os reactivos necesarios para as seis mostras e logo repartilos aos seis tubos. Así afórrase tempo e puntas.

  4. Dividir o total da mestura nos seis tubos.

  5. Engadir a cada tubo 1 μl da mostra de ADN correspondente. Non engadir ADN ao control negativo.

  6. Logo de incorporados todos os reactivos da reacción de PCR, engadir unha pinga de aceite mineral ( máis ou menos 20 μl) cunha pipeta Pasteur, para evitar a evaporación da mostra.

  7. Poñer os tubos no termociclador

  8. Incorporar 1 μl de laranxa de tiazol a cada mostra.

  9. Esperar 5´. Observar co transiluminador e interpretar os resultados.   




Material


- Unha mostra da carne da hamburguesa para a cal hai dúbidas sobre a súa orixe

- Unha mostra de carne de tenreira

- Unha mostra de carne de porco

- Material de vidro de laboratorio

- Pipetas

- Termociclador: aparato que permite realizar ciclos de temperatura (poñer unha

mostra a unha determinada temperatura durante un tempo).

- Transiluminador: emite luz azul.

Reactivos


o Chelex: resina que forma complexos e, polo tanto, atrapa ións positivos

(está cargada negativamente).

o Proteinasa K: enzima que axuda a degradar proteínas e tecidos.

o ADN polimerasa e demais reactivos necesarios para realizar unha PCR.

o Cebador complementario a unha secuencia específica do xenoma de

tenreira.

o Cebador complementario a unha secuencia específica do xenoma de

porco.

o Laranxa de tiazol: substancia que emite fluorescencia ao unirse ao ADN

de dobre cadea cando se ilumina con luz azul.




4.Resultados:



        Mostra 

        PT(G1)

        PP(G2)

      Interpretación

P1


                +

Presenza de carne de poco

P2


                 -

Non contén carne de porco

P3


                +

Presenza de carne de poco 

P4


         -

Non contén carne de poco

CP


          +

Presenza de carne de porco

CN


          -

Non contén carne de porco




No hay comentarios:

Publicar un comentario