viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO

 NECROPSIA

A necropsia é o exame completo (externo e interno) do cadáver dun animal coa finalidade de atopar a patoloxía que lle causou a morte.

Material necesario:


  • Para a necropsia: pinzas (2), tesoiras (3), bisturí, luvas, unha bandexa (4) para depositar os órganos extraídos, unha troita (5), papel para non manchar (6) e instrucións (7) que nos axudarán a ir observando e coñecendo as distintas partes da troita ao mesmo tempo que nos servirán para seguir correctamente os pasos da necropsia.
  • Para o frotis sanguíneo: dous portaobxectos (1) (un para poñer unha gotiña de sangue e outro para estendela), unha xiringa de 1 ml de agulla fina (cor laranxa) e tres botes de tinguidura rápida (un de cor azul claro, un azul escuro e outro rosa).

O procedemento de realización dunha necropsia é o seguinte:

     1. Realizar un exame externo, observando as distintas partes da troita (ollos, aletas, pel, boca...).


Neste caso, a troita non presentaba nada anormal, pois foi comprada, polo que non padeceu unha patoloxía que lle causara a morte.


    2. Extraer o sangue da vea caudal, situada por debaixo da liña lateral, cunha xiringa para o posterior frotis sanguíneo.

    3. Realizar unha incisión coas tesoiras pola liña media desde o ano ata á mandíbula e levantar a parede abdominal para extraer os órganos.

1. Aparello dixestivo / 2. Fígado / 3. Rexión na que se atopa o corazón / 4. Bazo 
5. Vexiga natatoria
 
    4. Sacar o aparello dixestivo e separalo do bazo e do fígado coa axuda do bisturí. Desta maneira, observarase mellor o corazón para sacalo mediante o corte do bulbo arterioso.





     5. Quitar a vexiga natatoria separándoa cuidadosamente da parede abdominal cun bisturí.

1. Fígado / 2. Bazo / 3. Vexiga natatoria / 4. Corazón




    6. Extraer o ril coa axuda do bisturí.

Ril


    7. Abrir a cavidade cranial mediante un corte triangular na parte posterior da cabeza para sacar o encéfalo. 



    8. Sacar os ollos e levantar o opérculo para ver as branquias.

Branquias


Partes extraídas:




FROTIS SANGUÍNEO

Un frotis sanguíneo consiste na extensión dunha gotiña de sangue sobre un portaobxectos, coa finalidade de analizala posteriormente no microscopio.


Procedemento a seguir:

        1. Extraer sangue puncionando a vea caudal, situada baixo a liña lateral, cunha xiringa de agulla fina (de cor laranxa no noso caso).
        
       2. Colocar unha gotiña de sangue nun extremo dun portaobxectos e estendela coa axuda doutro portaobxectos.

Técnica do frotis sanguíneo


        
Gota de sangue estendida



        3. Deixar secar ao aire o sangue para tinguilo. A continuación, somérxese 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida (1º líquido azul claro, 2º tinguidura rosa e 3º líquido azul escuro), e aclárase con auga. 

Sangue tinguida



      4. Unha vez seca a preparación, observala no microscopio.

Os glóbulos vermellos dos peixes presentan núcleo, a diferencia dos mamíferos que carecen del







1 comentario: