sábado, 4 de junio de 2022

NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO





 NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO DUNHA TROITA

Para levar a cabo isto temos os seguintes utensilios.

 (para a necropsia)

-unhas luvas

-un recipiente para ir desbotando as partes xa vistas

-tesoiras

-pinzas 

-bisturí 

(para o frotis)

-unha xeringa de 1ml

-porta obxectos

-tincións

-microscopio


 FROTIS SANGUÍNEO->

Precisamos atopar a vea caudal, que está baixo a liña lateral. Para facer a extracción cravamos a agulla dirixíndoa cara arriba.

Para examinar o sangue, facemos o frotis:

 1.-Poñemos unha gota de sangue no extremo dunha das placas e extendémola coa axuda da outra. Primeiro movéremos a gota de sangue cara atras rozandoa lixeiramente co portaobxectos, e logo movémolo para adiante. 

2.- Para tinguir o sangue, deixámolo secar ó aire libre e sometémolo cinco veces en cada un dos líquidos do "kit de tinguidura rápida" . Logo aclarámolo con auga, unha vez que a preparación esté seca poderémola ver co microscopio 

NECROPSIA DA TROITA->

Primeiro faremos un exame externo da troita para poder observar algún dano que nos indique a causa da morte ou enfermidade. Neste caso non observamos nada que nos poida señalar isto.

Procedemos a facer o exame interno:

1.-Facemos un pequeno corte preto da aleta anal, e iremos subindo para poder abrir a troita, con pouca profundidade xa que non podemos romper as partes mais internas para poder examinalas logo.

1.- Unha vez aberta, o que facemos é sacar o tubo dixestivo, que ocupa unha gran parte da troita, unha vez sacado examinámolo



2.- Observamos que ten unha bolsa no interior, denominada vexiga natatoria, a cal controla a flotabilidade neutral do peixe


3.- Facemos unha incision na cabeza, onde con dous cortes en formato de cruz poderemos observar o encéfalo e mais os ollos.


Se facemos eunha incisión mais profunda poderemos observar tamen as branquias






 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario