jueves, 2 de junio de 2022

Necropsia e Frotis

Necropsia

A necropsia é o exame completo, ordeado e sistemático do cadáver dun animal co fin de determinar cambios morfóloxicos en órganos, e tecidos que nos permitan coñecer a causa da morte ou de enfermidade.

Material:




Tamén unha bandexa e unha xeringa.

-Exame externo:

Este exame consiste en examinar o pez por fora para ver se hay signos evidentes da causa da morte. 

E identificamos as suas partes.


-Exame interno:
Despois de observar a parte exterior temos que observar a interior. Isto o faremos cunha necropsia. 

Pasos da Necropsia:

1-Abrir o pez. Ca tixola abrimos o pez comezando a incisión polo burato de ano e seguiremos cortando nunha liña recta ata pouco antes da cabeza. (Hay que facelo con moito coidado para non dañar os organos internos.)

2-Pouco a pouco vamos sacando os organos.

O primeiro que temos que sacar e a vexiga natatoria.

(vexiga natatoria dun pez)

A vexiga é a parte que vemos primeiro ao abrir o pez. Temos que extraela con moito coidado xa que se pode romper facilmente.

Despois de sacar a vexiga encontramonos cos demais organos.

O seguinte que eu saquei foi o estomago, intestino e esófago.

Ao sacalo veríase desta forma.

Despois de sacalos extraemos o figado e o bazo.

O da dereita seria o figado e o da esquerda                            o bazo.

Despois de sacar estes teriamos que sacar o corazón

Cando xa temos todo isto podemos sacar os ollos.

Tamén sacamos o cerebro. 

Procedemento para sacar o cerebro: O que fixemos foi unha incisión na cabeza, xusto onde remata a parte dura da mesma, e despois se fan uns cortes en forma de triangulo na cabeza para poder sacar o cerebro.

 (cerebro do pez)

Por ultimo pudimos sacar as branquias:



Frotis:

Un frotis de sangue consiste en examinar cun microscopio unha mostra de sangue.

Pasos:

1-Extraemos a sangue da troita introducindo a xeringa pola liña latera. (Liña subliñada na foto de cor amarelo).



2-Colocamos unha gota de sangue nun extremo dun portaobxectos.

3-Estendemola con axuda doutro portaobxectos. Para extendela ben apoiamos o portaobxectos (co que vamos a extender a gota)  no outro portaobxectos .Quedando o primeiro por diante de gota.

4-A continuación movemolo cara atrás e despois para diante para obter a extensión.

Desta maneira:



Cando xa temos esto feito temos que tinguir a mostra na cal esparcimos a sangue.

Pasos para tinguir a mostra cas tres disolucións que temos: un fixador de alcol ( de cor azul claro), unha tinguidura roja (eosinófilos) e unha tinguidura azul escuro (basófilos).

1-Deixamos secar a mostra con sangue ao aire.

2-Somerxemos no fixador de alcol 5 veces.

3- Somerximos na tinguidura rosa 5 veces.

4-Somerxemos na tinguidura azul escuro 5 veces.

5-Lavar con auga da billa.

6- Deixar secar ao aire para poder ver no microscopio

Mostras que obtuvimos ao final do procedemento:



Mostras ao microscopio:


Mostra ao microscopio de sangue de pez.

Comparamso esta mostra cas mostras de sangue de can.

(Mostra sangue can x4)

(Mostra sangue can x10)

(Mostra sangue can x40)

Identidicación de células sanguíneas:

Glóbulos vermellos de can (sen núcleo).


Glóbulos vermellos pez (con núcleo).










No hay comentarios:

Publicar un comentario