jueves, 2 de junio de 2022

Caso 4. Copo, o can enfermo

PRESENTACIÓN DO CASO: 

Copo, un can da raza grifón de 5 anos, foi encontrado dous días despois da súa desaparición con diversas lesións e síntomas. Presentaba pequenas feridas no costado, unha mancha vermella no beizo e, despois dunha semana, non tiña nin apetito nin forzas, vómitos e as súas feces eran negras. Ademais detrás das orellas atopóuselle 2 carrachas. 

Para saber a enfermidade que Copo padecía, observamos mostras do seu frotis sanguíneo baixo o microscopio para así poder comparala con outro frotis san. 





Frotis sanguíneo de can san

 


 

 Frotis sanguíneo de Copo

 40x








ANÁLISE DA MOSTRA:

A mostra dada presenta varios déficis observables, como trombocitopenia( poucas  plaquetas) e anemia(menos glóbulos roxos do normal).

Ademáis, aínda que non puidemos observar ben a mostra, observamos que pode conter unha bacteria na sangue, o que nos leva a plantexar distintas hipóteses: Anaplasmosis, Enfermedade de Lyme e Babesiosis.


HIPÓTESES:

1. Anaplasmosis

Esta enfermedade é causada por carrachas que atópanse, á súa vez, parasitadas pola bacteria Anaplasma phagocytophilum, que ingresa no organismo do can, e que son capaces de provocar diversas enfermidades, como a anemia. As garrapatas aliméntanse do sangue, e para iso deben prenderse do animal. Nese momento é cando se pode producir o contaxio e para iso a garrapata debe estar durante un mínimo de 18-24 horas, período no que a Copo tardáronlle en saír os síntomas. Ademáis nas mostras que analizamos podemos observar unha deficiencia na sangue, polo tanto iso pode ser unha proba da nosa hipótese.

Algúns síntomas desta enfermidade poden ser: febre, vómitos, a anemia, a falta de enerxía e as feces negras, síntomas que coinciden co que padecía o can.

A Anaplasmosis pódese detectar no frotis sanguíneo cando a mostra aparece desta forma:



Aínda que os síntomas coincidan, non podemos concluír que é Anaplasmosis porque para poder diagnosticala faría falta facer unha PCR, e esa proba diagnóstica non nos la proporcionaron. e non somos capaces de ver anaplasma no frotis tampouco ainda que si detectamos anemia . por falla de glob roxos.

2. Enfermedade de Lyme:

A enfermedade de Lyme, o borreliosis canina, é causada pola bacteria Borrelia burdogferi, e é transmitida polas carrachas do xénero IxodesEsta enfermidade provoca diversos problemas de saúde que poden ser artritis, nefritis etc.

Os síntomas que se asocian con esta enfermidade son: febre, falta de apetito, depresión, que solen derivar á inflamación ou deformación de las articulaciones. Se a enfermidade ser complica, poden existir lesions internas a órganos, problemas renales ou retención de liquidos nas patas e debaixo da pel. Estos síntomas que o can presenta tendo esta enfermidade vanse presentando progresivamente aos días ou semanas despois de ser picado. En consecuencia a todo insto, a enfermidade de Lyme pode chegar a ser mortal si non e dianosticada e tratada a tempo.

Como non temos datos suficientes ou forma de detectar a bacteria na nosa mostra, non podemos concluír que é borreliosis.


3. Babesiosis

A Babesiosis ou piroplasmosis é unha enfermidade producida polo hemoparasito Babesia canis, que é transmitida polas carrachas. Estos parasitos reprodúcense dentro dos glóbulos vermellos, producindo como consecuencia a anemia, que en ocasións pode ser moi intensa producir un fallo hepático ou renal.

Os síntomas que se poden detectar nesta enfermidade son: febre, falta de apetito, falta de forzas, vómitos, cor máis oscuro na orina e palidez das mucosas. A evolución da enfermidade puede ser moi rápida, entre un e dous días aproximadamente, por iso é importante poñer tratamiento canto antes.

Ademáis de que os síntomas coinciden co do noso can, a piroplasmosis ou babesiosis é unha enfermidade endémica en Galicia, é dicir, é moi común atopar esta afectación nos cans aquí en Lugo . Unha mostra de sangue coa bacteria da Babesia canis vese desta maneira:

A nosa mostra SÍ que pode coincidir con esta enfermidade, xa que, aínda que non se poida apreciar ben nas fotos tomadas do frotis, no momento no que a observábamos, puidemos observar levemente a bacteria na mostra.
Ademais na nosa mostra vense poucos glóbulos vermellos, que é unha sinal de anemia e, aínda que teñen un tamaño normal, moitos están peor tinguidos, polo que están con menor hemoglobina, o que quere dicir é que é anemia normocítica hipocrómica, que é o tipo de anemia que se ve na babesiosis.

CONCLUSIÓN:

Podemos concluír que é Babesiosis, porque tanto os síntomas como a mostra coinciden con esta enfermidade. 


Carolina Fernández Gómez

Sofia Carrizo Gallardo

Ana Dopico Morán


Fontes de información:

https://www.expertoanimal.com/anaplasmosis-en-perros-sintomas-y-tratamiento-24079.html

https://hvnachomenes.com/blog/por-que-mi-perro-tiene-sangre-en-las-heces/#:~:text=Hematoquecia%20o%20heces%20con%20sangre%20fresca.&text=Estas%20ser%C3%ADan%20algunas%20de%20las,acompa%C3%B1adas%20de%20gotas%20de%20sangre.

https://www.mascotasaludable.mx/posts/blog-post20.aspx#:~:text=%C2%BFQU%C3%89%20ES%20LA%20BORRELIOSIS%20CANINA,enfermedad%20es%20conocida%20desde%201984.

https://clinicacanis.com/babesiosis-canina-una-vieja-conocida/



No hay comentarios:

Publicar un comentario