viernes, 3 de junio de 2022

NECROPSIA E FROTIS

NECROPSIA DUNHA TROITA

A necropsia é un exame completo, externo e interno, do cadáver dun animal, realizado coa fin de determinar algún tipo de cambio ou lesión en órganos e tecidos que provocaron a morte do animal.

Nós realizamos a necropsia dunha troita.

Os materiais utilizados foron:


Para a realización da necropsia debemos de seguir os seguintes pasos:

1. Realizamos un exame externo inspeccionando as diferentes estruturas que podemos ver, identificámolas e buscamos posibles patoloxías nelas.


2. Para empezar co exame interno debemos de realizar unha incisión (é máis sinxelo realizala coas tesoiras para así evitar posibles danos aos órganos) pola liña media dende o ano ata a mandíbula.

3. Despois de facer a incisión, debemos de abrir a cavidade abdominal con moito coidado. Ao momento de abrila podemos observar algúns órganos:




4. Debemos de extraer os órganos. Este paso débese de facer con moito coidado para evitar danar algunha estrutura. 

O primeiro para extraer, é o tubo dixestivo, e para facelo, hai que cortar o intestino, e con coidado, vanse sacando os órganos ata ter unha boa visión do esófago, onde vamos volver cortar para así sacalo completamente.





5. O seguinte a extraer é o corazón, que se atopa á altura da aleta pectoral e extraémolo coa axuda das pinzas. 



6. Agora extraemos a vexiga natatoria. Para isto, debémola ir separando con moito coidado, para evitar rompela, das paredes abdominais coa axuda do bisturí. 




7. E por último, extraemos o ril, despegándoo lentamente co bisturí e con axuda das pinzas.




8. Xa extraídos todos os órganos da cavidade abdominal, procedemos a abrir a cavidade craneal, para poder extraer o encéfalo. Para isto, realizamos unha incisión en forma de triángulo na parte posterior da cabeza e extraemos toda esa parte ata que visualicemos o encéfalo.



9. Por último extraemos as branquias que se atopan aos laterais da cabeza debaixo do opérculo.




10. Tras extraer todos os órganos realízase un exame para detectar algún tipo de patoloxía que lle causou a morte.


FROTIS SANGUÍNEO

Ao mesmo tempo que realizamos o exame externo e a necropsia podemos realizar esta proba, que consiste na extración e preparación dunha mostra de sangue para posteriormente analizala.

Nós fixemos o frotis antes da necropsia.

O material que precisamos é:
  • Xeringa de 1 ml de agulla fina (neste caso utilizamos a de cor laranxa)
  • Portaobxectos
  • Kit de tinguidura
 
Unha vez teñamos todos os materiais necesarios comezamos co frotis.

1. Debemos extraer o sangue da troita. Para isto, debemos de cravar a agulla uns milímetros por debaixo da liña lateral, xa que a vea caudal se atopa debaixo dela. Ao momento de cravar a agulla debemos facelo cunha inclinación de, máis ou menos, 45º.

2. Unha vez extraído o sangue, poñemos unha pequena gota no portaobxectos e extendémola coa axuda do outro portaobxectos. Para conseguir unha boa extensión, debemos de arrastrar co portaobxectos inclinado a gota hacia atrás e despois hacia adiante ata o final. 

Técnica da extensión


3. Despois da extensión debemos de tinguir o sangue. Antes que nada, debemos de deixar secar a mostra, cando xa estea lista debémola sumerxer 5 veces en cada tinción, na seguinte orde:
  • Primeiro o panóptico rápido 1 (cor azul claro)
  • Despois o panóptico rápido 2 (tinguidura rosa)
  • Por último, o panóptico rápido 3 (cor azul escura)
Despois de sumerxer a mostra, aclárase rapidamente con auga da billa e déixase secar. 



Por último, observamos a mostra no microscopio e identificamos as estruturas que observamos.

Nesta mostra, podemos observar os glóbulos vermellos da troita, que, a diferenza dos mamíferos si que teñen núcleo.


1 comentario: