Este blog consta dun informe sobre a realización dunha necropsia acompañada dun frotis sanguíneo.
Unha necropsia consiste nun exame do cadáver dun animal para ver se tiña algunha patoloxía previa que lle puido causar a morte.
· PROCEDEMENTO: EN QUE CONSISTE?
A necropsia, como ben dixen anteriormente, vai ir acompañada dun frotis sanguíneo.
Para realizar a necropsia, utilizaremos os seguintes materiais:
Coa axuda destes materiais, conseguiremos facer a nosa investigación, na cal:
Examinamos a parte externa (aletas, escamas…) que puideron sufrir danos e que nos poden dar pistas sobre a causa da súa morte.
Extracción do sangue mediante unha xeringa, que nos servirá para facer o frotis.
Realizamos un corte caudal desde o ano ata a mandíbula cun bisturí.
Separamos as dúas partes que nos quedaron logo da incisión, para ir sacando os órganos.
Sacamos con cautela os órganos do tubo dixestivo, e despois sacamos a vexiga natatoria, para, posteriormente, chegar a sacar o ril. Cando saquemos o tubo dixestivo, probablemente saia tamén con el o corazón.
Logo de que a nosa troita quede sen os órganos dixestivos, procederemos a abrirlle a cabeza.
A cabeza abrirémola elaborando unha especie de triángulo de cortes, e, cando a saquemos, veremos o encéfalo e os ollos. Cando abramos a cabeza, tamén teremos unha óptima visión das branquias.
· REALIZACIÓN DO FROTIS.
Un frotis é unha proba de diagnóstico rápido na cal sacaremos unha mostra de sangue e a examinaremos. Seguiremos o seguinte procedemento:
Extracción do sangue cunha xeringa de 1 ml, para ter máis precisión. A extracción de sangue realizarase na vea caudal. Puncionamos na liña lateral formando un ángulo de 45º cara arriba.
Colocamos unha gota da xeringa sobre un portaobxectos. Coa axuda doutro, estenderemos o sangue por todo o portaobxectos (no que vertéramos a gota inicialmente).
Logo procederemos a realizar a tinción. Para iso, deixamos secar o sangue e, cando esté seco, somerxeremos a mostra 5 veces en cada un dos 3 líquidos do kit de tinguidura rápida (primeiro o líquido azul claro: panóptico 1, logo o rosa: panóptico 2 e, por último, o líquido azul escuro: panóptico 3).
Aclaramos con auga da billa e deixamos secar.
Cando seque, teremos xa a mostra preparada para vela no microscopio.
CORRIXIDO
ResponderEliminar