viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia e frotis sanguíneo dunha troita

 Necropsia dunha troita

 

Na seguinte práctica realizarase unha necropsia a unha troita. Unha necropsia é un estudo/investigación realizado co fin de atopar as causas da morte do ser que estamos a analizar.

Para a realización da práctica, primeiro deberemos contar co seguinte material:

 

- Papel (para non ensuciar o lugar de traballo)

                   

Bandexa                                      



- Tesoiras



- Bisturí



- Xiringa


- Pinzas


- Luvas de laboratorio/látex


- Portaobxectos


- Tintes (azul claro, rosa e azul escuro)





-Microscopio




Unha vez teñamos o material necesario, comezaremos coa necropsia en sí.


A) Para iniciar a necropsia, deberemos comezar realizando un exame externo.

Neste exame externo, colleremos a nosa troita e identificaremos primeiro os seus órganos externos:




B) Unha vez identifiquemos os órganos externos, pasaremos a identificar os órganos internos seguindo o seguinte proceso:

- 1. Faremos unha incisión a través da liña media dende o ano até a mandíbula e levantaremos a parede abdominal.

- 2. Logo, inspeccionaremos as cavidades internas da troita e extraeremos os órganos con moito coidado, axudándonos das tesoiras, bisturí e pinzas. Temos que prestar especial atención no momento de sacar a vexiga natatoria, xa que esta é moi fráxil.

- 3. Unha vez tendo os órganos extraídos, identificaremos e nomearemos cada un deles:




A parte destes órganos, tamén podemos atopar o encéfalo (realizando un corte coas tesoiras en forma triangular na cabeza da troita), vexiga natatoria, ril, bazo, esófago, os cegos pilóricos e o ovario.

 

C) Xa tendo rematado o exame externo, pasaremos a realizar o frotis sanguíneo.

Coa realización do frotis sanguíneo poderemos ver as células presentes nunha mostra de sangue extraída da troita.

A realización do frotis sanguíneo consta dos seguintes pasos:

- 1. Introducimos a agulla na liña media da troita e extraemos unha mostra de sangue.

- 2. Despois de ter a nosa mostra de sangue extraída, colocaremos unha gota no portaobxectos e a estenderemos da seguinte forma:



- 3. Xa tendo a sangue no portaobxectos, o introduciremos nos botes de tincións (5 veces en cada un) seguindo a seguinte orde:

    1) Tinte azul claro

    2) Tinte rosa

    3) Tinte azul escuro

- 4. Despois de acabar coas tincións, aclararemos o portaobxectos con auga para quitar o tinte en exceso.

- 5. Para rematar co frotis sanguíneo, colleremos o noso portaobxectos e o analizaremos no microscopio.

Se o proceso foi realizado correctamente, deberíamos ver o seguinte:

As formas circulares que podemos apreciar na imaxe son os glóbulos vermellos.

Se nos fixamos ben, podemos ver que as troitas teñen glóbulos vermellos con núcleo, mentres que os mamíferos non.




                                     





1 comentario: