viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia a unha sardiña e frotis sanguíneo

   NECROPSIA SARDIÑA

 Que é unha necropsia?

Unha necropsia é un exame completo, ordenado e sistemático dun cadáver dun animal co fin de determinar a morte ou enfermidade a través de cambios morfolóxicos en órganos e tecidos.


Neste caso a necropsia será a unha sardiña.


Material:

  • Luvas

  • Pinzas(redondeadas e puntiagudas)

  • Tesoiras

  • Bisturí

Como se realiza?

  1. O peixe, colocado sobre o lado dereito. Observamos partes visibles na parte exterior, como os ollos, as escamas, a boca, etc.


  1.  Collemos o bisturí e realizamos unha incisión dende a saída do canal anal ata a mandíbula pola liña media da sardiña.Despois realizaremos un corte curvo unindo o ano e a mandíbula para poder quitar a parede abdominar lateral.

  2. Examinamos o animal e os seus órganos nas cavidades abdominal, cranial e pericárdica. Coa axuda dunhas pinzas redondeadas e outras puntiagudas, unhas tesoiras e o bisturí, comezaremos a extraer os órganos.

  3. Observamos e identificamos os órganos que extrouxemos.


1. Non está moi claro, pero creemos que é o bazo

2. Cerebro

3. Vexiga natatoria sen aire

4. Ollo

5. Corazón

6. Branquia

7. Ovarios

8. Intestino




FROTIS SANGUÍNEO

En peixes que acaban de morrer, é posible extraerlles sangue da vea caudal(vaso sanguíneo que pasa en paralelo á columna)debaixo da liña lateral.


Material:

  • Xeringa                              

  • Agulla

  • 2 portaobxetos

Procedemento:


  1. Para extraer o sangue, cravamos a agulla un pouco por debaixo da liña lateral.

  2. Seguidamente, colocamos unha gota do sangue cara a un extremo do portaobxetos, e con axuda de outro portobxetos,colocado un pouco antes do sangue, movese o porta cara atrás ata tocar a gota de sangue deixando que se extenda polo lado máis pequeno do segundo porta. Cando vexamos que está o suficientemente estendido, extendemos a gota polo porta no que esta está apoiada.

  3. Unha vez que o frotis está feito, debemos tinguilo, xa que doutra forma non veremos as células exceptuando os globulos vermellos.

  4. Para isto, meteremos o porta co frotis cinco veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida seguindo esta orde: Azul claro, rosa, morado/azul escuro.

  5. Poñemos un cubreobxetos, deixamos secar e xa estaría listo para o seu uso.

Estas son algunhas imaxes do visto no microscopio comparando o sangue da sardiña e o sangue dun gato:


Sardiña:


O círculo azul oscuro són un conxunto de glóbulos vermellos(os cales teñen núcleo), e o

círculo vermello ten no seu interior un glóbulo branco.


Gato:


O círculo vermello é un glóbulo branco, o circulo azul é un conxunto de glóbulos vermellos(sen núcleo) e o azul escuro representa a un conxunto de plaquetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario