DNA- MEAT
Imaxina que es un/unha inspector/a de calidade alimentaria e recibes unha denuncia
na que se describe que a hamburguesa que venden nun determinado supermercado
como hamburguesa de carne bovina está en realidade feita a partir de carne porcina.
Deseña o procedemento experimental para poder distinguir se a carne da hamburguesa é totalmente de tenreira ou se, pola contra, está feita a partir de carne porcina.
Introducción:
Para saber se é de verdade carne bovina ou se é porcina, debemos facer unha PCR, que é unha técnica na que se busca amplificar millóns de veces un fragmento de material xénetico.
Hipótese:
No caso de que a carne sexa bovina, despois de facer a Pcr, cun químico que fai que o ADN sexa fosforescente, coa axuda de luz azul deberíamos ser capaces de ver o ADN bovino. En cambio, se a carne é porcina, no recipiente non debería brillar de ningunha cor xa que non hai ADN bovino na mostra.
Material:
Mostra de carna da hamburguesa da que queremos comprobar a orixe
Unha mostra de carne de tenreira e outra de porco
Pipetas e micropipetas
Termociclador: Máquina que permite realizar ciclos de temperatura para
Transluminador: emite luz azul
Reactivos:
ADN polimerasa e demáis reactivos
Cebador bovino
Cebador porcino
Laranxa de tiazol
Metodoloxía:
Lavar as mans e superficie na que vaiamos traballar. Poñer guantes
Repartir o traballo en dúas partes, seis tubos para o cebador da tenreira e seis tubos para o cebador do porco.
Poñemos en cada un dos tubos o que aparece nos seguintes debuxos:
Ir engadindo as substancias na orde na que se encontran na seguinte taboa.
Como imos facer 6 tubos por cada cebador, debemos multiplicar o dado x6.
Ca micropipeta imos collendo a cantidade para un recipiente máis grande que os tubos no que iremos metendo toda a mestura.
Repartimos a mestura de cada cebador nos 6 tubiños
Engador 1μl da mostra de ADN a probar o orixe en cada un dos tubos. Ter coidado de non deixar burbullas no fondo do mesmo.
Engadir unha gota de aceite utilizando unha pipeta Pasteur, para evitar a evaporación da mostra.
Seguidamente colocamos todos os tubos no termociclador.
Cando acabe o termociclador, botar unha gota de laranxa de tiazol para comprobar resultados nas mostras.
Collemos o transluminador e miramos os resultados.
Taboa cos resultados da Pcr porcina
Fotos dos resultados:
P1 P2 P3
P4 CP CN
No hay comentarios:
Publicar un comentario