viernes, 3 de junio de 2022

Caso 5 ( Fede )

 Introducción: 


Coello de aproximadamente 3 meses de idade e 400 g de peso. No mes de febreiro, dez camadas de coellos de 2 meses comezaron a adelgazar, con perda de apetito e acabaron por morrer. Queremos averiguar a causa das mortes. 



Síntomas: 


O principais síntomas que presentan os coellos son perda de peso e de apetito que os levou a morte. As nais non presentaban síntomas excepto pequenas úlceras na zona plantar dos membros posteriores. Ao realizarlle a necropsia a Fede(coello do caso) o veterinario observou que a rexión perianal estaba sucia con manchas de feces, ademais de observar que o coello estaba moi delgado e de que no seu aparello dixestivo o xexuno estaba conxestivo e tiña un contido mucoso amerelado e brillante e o colon presentaba feces xa formadas.



Mostras: 


Achégansenos duas mostras tinguidas, unha con H&E e outra con PAS.

  • A tintura H&E está formada por unha tinción con hematoxilina, que, sendo catiónica ou básica, tiñe as estruturas ácidas (basófilas) en tons de azul e morado, como os núcleos celulares; e o uso de eosina que tiñe os compoñentes básicos (acidofilos), como as estruturas citoplasmáticas e as substancias intercelulares; en tons de rosa.

  • A tintura PAS emprégase no laboratorio dentro de preparacións para microscopía óptica, permitindo a tinción de compoñentes celulares que conteñen hidratos de carbono, por exemplo algunhas membranas celulares, células caliciformes na mucosa do intestino, fibras reticulares que están rodeadas de hidratos de carbono, etc.

Fotos das nosas mostras.

10x40. Mostra de xexuno 


10x10. Mostra de xexuno






Hipóteses: 



  • Hipótese 1: Fede sufriu unha intoxicación.


Esta intoxicación pode estar producida pola contaminación da auga con tinta da fábrica que se atopa a pouca distancia da explatación.  Os síntomas que produciría unha intoxicación serían: Feces e ouriños anormais: as feces líquidas e amareladas son o resultado da reacción gastrointestinal de produtos tóxicos. Tremores, frío: ante a intoxicación, o corpo do noso coello pode ter febre.

Esta hipótese non pode ser, xa que os síntomas non concordan cos de Fede.


  • Hipótese 2 : Fede ten Coccidiosis.

É producida por coccidios que é unha das enfermidades que mais se produce nos coellos. Este microorganismo ataca dende o estómago ata o colon, sendo os seus síntomas trastornos dixestivos, gases e diarreas. O coello deixa de comer e beber e morre por deshidratación.En condicións normais, o coccidio convive en equilibrio co coello e son os problemas de estrés os que baixan as defensas do animal e permiten a multiplicación indiscriminada do coccidio.

Ademais ao obsevar as mortras podemos ver múltiples manchas mais escuras que corresponden con síntomas desta enfemiadade.


  • Hipótese 3: Fede ten estase gástrica.

A estase gástrica é a diminución ou parada dos movementos normais dos músculos do estómago e dos intestinos. Calquera estrés, dieta inadecuada ou dor pode causar parada intestinal e estase gástrica.


Os síntomas son inespecíficos: perda de apetito, desánimo e ausencia de feces.

Esta hipótese tamén a podemos descartar xa que aínda que algúns síntomas concordan nos todos son correspondentes.




Conclusión: 


Segundo as diferentes hipóteses que hemos proposto a que máis concorda cos síntomas e con todas as probas é a  hipótese 2 ( coccidiosis ). Outra resolución que tamén chegamos é que as úlceras nas patas traseiras dos coellos máis adultos estaban producidas  pola malla de arame no chan da gaiola ou polo pataleo dos coellos cando están asustados, e é difícil de curar en casos avanzados. Os animais con sobrepeso e os adultos están máis expostos e sofren feridas sangrantes. É altamente contaxioso entre coellos. Para evitalo, é conveniente que os animais dispoñan dunha mesa ou unha superficie de repouso firme e non só da reixa, xa que isto favorece a enfermidade, sobre todo se está oxidada. A hixiene neste caso é fundamental.

Polo tanto os síntomas dos adultos e os de Fede non teñen ningunha relación entre eles.



Fontes:


https://asescu.com/wp-content/uploads/2016/10/Sanidad_Bioseguridad181.pdf

http://www.conejitosenanos.com/enfermedades-conejos/

https://www.tiendanimal.es/articulos/enfermedades-de-los-conejos/

http://www2.izt.uam.mx/newpage/contactos/revista/97/pdfs/conejos.pdf

http://dora.missouri.edu/rabbits/intestinal-coccidia/



No hay comentarios:

Publicar un comentario