viernes, 3 de junio de 2022

Caso 6 (Pepa)

 1.Descripción do caso :

Porca de tres meses dunha explotación porcina, na cal houbo un aumento da mortalidade nos ranchos pequenos. Este suceso concidiu con obras na granxa, e a gandeira sospeita dun obreiro que roldaba moito esas porqueiras. Os síntomas que presentaba Pepa e os outros porcos son:

  • Tose

  • diarrea con feces escuras

  • crecemento deficiente

  • palidez de mucosa oral

  • mordeduras nos rabos e orellas

  • líquido turbio,amarelado nas cavidades torácica e abdominal

  • lesións pulmonares(vermello,nódulos con pus, adheridos á cavidade torácica)

  • aumento do tamaño dos linfonodos do mediastino

  • úlcera no estómago

  • hemorraxia no lumen do estómago e intestino


Análise da mostra  


Grazas ao atlas de histoloxía proporcionado pola profesora sabemos que a mostra  trátase dun pulmón.Vemos un gran cambio polo que atopamos unha parte de pulmón san e outra de pulmón afectado.A mostra está tinguida  con H&E (hematoxicilina-eosina), esta é unha das tinturas máis utilizadas en histoloxía. A hematoxicilina é un colorante básico e a eosina é un ácido. Desta maneira podemos apreciar de diferente cor as estruturas das células.

Aumentos:

150x                                      60x                                                150x

Podemos observar diferenzas notables, como son, por unha parte, a diminución da cantidade e do tamaño dos alvéolos. Ademais, os bronquíolos conteñen sangue, cando en estado san esto non ocorre. Estes porcos teñen menos superficie alveolar e dificúltaselles o intercambio de gases entre alvéolo e sangue.




Hipótese 1.

Contando coas sospeitas da gandeira a primeira posiblidade é unha intoxicación debido a que alguén lles proporcionara algunha sustancia tóxica ou incluso debido ao utlizado para realizar as obras da granxa. Entre as primeiras está a intoxicación por fumonisina producida por colleitas de maíz afectadas ou pienso que provoca moitos dos síntomas que presenta Pepa, entre eles edema pulmonar o que produciría esa acumulación de líquido na cavidade torácica. Entre as segundas atópase a intoxicación por hidrocarburos clorados. Os produtos derivados de petróleo, produtos de limpeza e pegamentos conteñen estes  hidrocarburos (substancias compostas na súa maior parte por hidróxeno e carbono) que debido as obras e á limpeza podería producir a morte destes ranchos ainda que esto non explicaría porque solo afecta aos ranchos pequenos ou algúns dos síntomas.


Hipótese 2. 

 Ahora centrámonos en enfermidades do aparello respiratorio e dixestivo polo que outra opción é unha enfermidade como a pleuropulmonía   contaxiosa porcina,unha enfermidade respiratoria moi contaxiosa que produce altas taxas de mortalidade, produce síntomas como dificultade respiratoria,sangrado, anorexia, descarga nasal que encaixan co cadro clínico de Pepa e que ademais contraese con máis facilidade se o animal está baixo estrés( producido polas obras) o que tamén producirías as mordeduras nos rabos e nas orellas..


Hipótese 3.

Outra opción é a gripe porcina. A gripe (ou influenza) porcina é unha infección vírica altamente contaxiosa dos porcos. Está causada polo virus de influenza tipo A, da familia 

Orthomyxoviridae. Os síntomas que provoca esta enfermidade son:  febre,respiración abdominal, letargia, anorexia, pérdida de peso, diarrea, descarga nasal, tos seca e dificultade na respiración, síntomas que presentaba Pepa, ademais a nivel de tecidos os animais  que padecen esta enfermidade presentaban  partes afectadas dos pulmones consolidadas, de cor vermello escuro a vermello púrpura, vías aéreas a menudo dilatadas e cheas de líquido, e 

aumento de tamaño de nódulos linfáticos traqueobronquiais e mediastínicos, a maioria destas lesións foron comentadas na descripción do caso e no análise da mostra.


Conclusión:

Debido a semellanza dos síntomas e lesións a nivel pulmonar atopadas en Pepa o máis probable e que se trate da gripe porcina. O resto dos síntomas que presentaba tamén teñen explicación, investigando descubrín que hai unha relación entre os brotes de neumonía (especialmente a gripe) e a incidencia de úlceras gástricas, as mordeduras nos rabos e orellas como xa comentei poden estar relacionadas coa situación de estrés debido á ampliación da granxa e ao ser unha enfermidade moi contaxiosa afectou a todos os ranchos pequenos que se atopaban nesas porqueiras.

 


 






Fontes de información:

Intoxicación (envenenamiento) por hidrocarburos - Traumatismos y envenenamientos - Manual MSD versión para público general (msdmanuals.com)

Intoxicación por fumonisina - Guía de enfermedades porcinas - 3tres3, la página del Cerdo

Pleuroneumonía porcina. Un enemigo fácil de derrotar? - Engormix

Úlceras gástricas - Guía de enfermedades porcinas - 3tres3, la página del Cerdo

Microsoft Word - GRIPE PORCINA.rtf (cresa.es)

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario