viernes, 3 de junio de 2022

Necropsia dunha Troita

 Neste proxecto falarei dunha necropsia e dun frotis sanguíneo dunha troita.

A necropsia é un exame completo do cadáver dun animal co fin de determinar cambios ou lesións que permitan coñecer as causas da sua morte ou enfermidade.

O frotis sanguíneo é unha técnica científica que consiste en extender unha gota de sangue nun portaobxectos para poder analizala no microscopio.

Material necesario:

- Pinzas

- Tixeiras

- Bisturí

- Luvas

- Un recipiente

- Agulla

- Portaobxectos

- Troita

- Sangue de Troita                                                                                                                         



NECROPSIA

Exame externo:
Na troita percibimos a boca, o ollo e o  ano. O opérculo, que é unha aleta de óso duro que cubre e protexe as branquias. A liña media, que é o sitio onde se saca a sangue se se quere facer o frotis sanguíneo. O pedúnculo, é a parte que une o corpo coa cola. 
E todas as aletas:
- A dorsal --> evita balanceamento.
- A pectoral --> da estabilidade.
- A pélvica --> axuda na estibilidade do pez.
- A anal --> estabiliza ao pez.
- A adiposa --> estabiliza e ten adherencia aos obxetos.
- A caudal --> impulsa ao pez e permíteo xirar.


1 comentario: