Unha necropsia é un exame completo, ordenado e sistemático dun cadáver dun animal co fin de determinar a morte ou enfermidade a través de cambios morfolóxicos en órganos e tecidos. Esta técnica lévase a cabo mediando dous exames, un exame interno e outro exame externo.
Para poder levar a cabo proceso que necesitamos distintos materiais:
- Pinzas - Bandexa
- Luvas - Bisturí
- Tesoiras - Xeringa para a extración de sangue
PROCEDEMENTO DA NECROPSIA:
- Exame externo
Realizamos unha inspección da troita para poder facer unha descripción correcta e concluir a causa da súa morte. As partes do peixe que debemos examinar son:
- Os ollos
- O opérculo, que temos que levantar para poder examinar correctamente as branquias
- As aletas (pectoral, pélvica, anal, dorsal e caudal)
- A pel
Tamén temos que fixarnos na liña media, por debaixo da cal está a vea caudal, pola que despois extraeremos sangue.
Despois de realizar este exame puidemos concluir que a troita que tiñamos para examinar morreu a causa da pesca para a alimentación, polo tanto non se observamos ningún tipo de lesión física no exterior.
2. Exame interno
Neste paso inspeccionaremos as partes internas da troita. Para iso facemos unha pequena incisión e introducimos a tixeira polo ano. Pouco a pouco cortamos toda a cavidade abdominal ata o cráneo.
Os órganos que imos poder sacar e observar despois de facer este corte son: o corazón, o ril, os ollos, o esófago, os cegos pilóricos, o bazo, as branquias e o cerebro:
Corazón e esófagoPara poder ver o ril e extraelo temos primeiro que extraer a vexiga natatoria:

FROTIS SANGUÍNEO:
Esta proba pode ser realizada tanto antes como depois da necropsia, e cosiste en extraer unha mostra de sangue do animal para poder observalo debaixo do microscopio.
Para poder facer a extracción do sangue temos que introducir a xeringa pola liña lateral a 45º, xa que a vea caudal encóntrase debaixo desta.
Despois da extracción do sangue procedemos a facer o frotis sanguíneo, colocando unha gota nun dos portaobxectos, e, axudándonos doutro, a esparcímola.
Despois, para facer a tinción, déixase secar un rato ao aire. Logo somerxemos 5 veces o portaobxectos en cada un dos líquidos de tinguido. Por último aclárase con auga e volvémos a deixala secar.
Se comparamos o frotis sanguíneo da troita cun frotis sanguíneo dun mamífero podemos observar varias diferencias notables:
A diferencia que mellor se aprecia a simple vista é o núcleo dos glóbulos vermellos que, mentres que os eritrocitos dos mamíferos perden o núcleo na súa maduración, podemos observar que os eritrocitos do peixe son glóbulos vermellos nucleados, é dicir, que manteñen o seu núcleo.
Carolina Fernández Gómez
Sofia Carrizo Gallardo







CORRIXIDO
ResponderEliminar