Necropsia
A necropsia é o estudo realizado a un cadáver coa finalidade de investigar e determinar as causas da súa morte. É un procedemento ordenado e minucioso, que inclúe a revisión tanto do aspecto externo como a revisión dos órganos internos.
Para realizar a necropsia da troita utilizamos o seguinte material:
-Bandexa
-Tesoiras
-Pinzas
-Bisturí
-Luvas de látex
Comézase realizando un exame externo da troita, no que se analizan as partes exteriores. Podemos distinguir as seguintes partes:
1- Boca 2- Ollo 3- Opérculo 4- Aleta dorsal 5- Liña media 6- Aleta adiposa
7- Pedúnculo 8- Aleta caudal 9- Aleta pectoral 10- Aleta pélvica 11- Ano
12- Aleta anal
A continuación realízase o exame interno. Utilizando as tesoiras ábrese a troita realizando un corte dende o ano ata a rexión cefálica. Podemos observar o tubo dixestivo(1,2,3 e 4), a vexiga natatoria e os riles.
1- Fígado 2-Estómago 3- Bazo
4- Intestino 5- Vexiga natatoria 6- Riles
Posteriormente utilizando as pinzas e o bisturí extráense os distintos órganos.
1- Branquias 2- Ollos con nervio óptico 3- Riles
4- Tubo dixestivo 5- Vexiga natatoria (que se rompeu ao extraerse) 6- Corazón
Tamén se fai un corte triangular na cabeza da troita para extraer o cerebro.
Finalmente examinaríanse os órganos en busca de patoloxías.
Frotis sanguíneo
É un exame de sangue que da información acerca do número e forma das células sanguíneas.
Para realizar o frotis usanse unha xeringa, un kit de tinguidura rápida e dous portaobxectos.
En primeiro lugar extráese sangue da troita introducindo a xeringa na liña media. Colócase unha gota de sangue nun portaobxectos e deslízase un pouco cara atrás e despois cara adiante hasta cubrir todo o portaobxectos e estender a mostra.
A continuación, sumérxense o portaobxectos cinco veces en cada un dos tres tintes, lávase e déixase secar.
Finalmente as mostras analízanse no microscopio.
CORRIXIDO
ResponderEliminar