Necropsia dunha troita
● Na seguinte práctica realizarase unha necropsia
a unha troita. Unha necropsia é un estudo/investigación realizado co fin de
atopar as causas da morte do ser que estamos a analizar.
● Para a realización da práctica, primeiro deberemos
contar co seguinte material:
- Papel (para non ensuciar o lugar de traballo)
- Bandexa
Unha vez teñamos o material necesario, comezaremos coa necropsia en sí.
A) Para iniciar a necropsia, deberemos comezar
realizando un exame externo.
Neste exame
externo, colleremos a nosa troita e identificaremos primeiro os seus órganos
externos:
B) Unha vez identifiquemos os órganos externos,
pasaremos a identificar os órganos internos seguindo o seguinte proceso:
- 1. Faremos unha
incisión a través da liña media dende o ano até a mandíbula e levantaremos a
parede abdominal.
- 2. Logo, inspeccionaremos
as cavidades internas da troita e extraeremos os órganos con moito coidado, axudándonos das tesoiras, bisturí e pinzas. Temos que prestar especial atención
no momento de sacar a vexiga natatoria, xa que esta é moi fráxil.
- 3. Unha vez
tendo os órganos extraídos, identificaremos e nomearemos cada un deles:
A parte destes
órganos, tamén podemos atopar o encéfalo (realizando un corte coas
tesoiras en forma triangular na cabeza da troita), vexiga natatoria, ril,
bazo, esófago, os cegos pilóricos e o ovario.
C) Xa tendo rematado o
exame externo, pasaremos a realizar o frotis sanguíneo.
Coa realización
do frotis sanguíneo poderemos ver as células presentes nunha mostra de sangue extraída
da troita.
A realización do
frotis sanguíneo consta dos seguintes pasos:
- 1. Introducimos a agulla na liña media da
troita e extraemos unha mostra de sangue.
- 2. Despois de ter a nosa mostra de sangue
extraída, colocaremos unha gota no portaobxectos e a estenderemos da seguinte forma:
- 3. Xa tendo a sangue no portaobxectos, o introduciremos
nos botes de tincións (5 veces en cada un) seguindo a seguinte orde:
1) Tinte azul claro
2) Tinte rosa
3) Tinte azul escuro
- 4. Despois de acabar coas tincións, aclararemos
o portaobxectos con auga para quitar o tinte en exceso.
- 5. Para rematar co frotis sanguíneo,
colleremos o noso portaobxectos e o analizaremos no microscopio.
Se o proceso foi realizado correctamente, deberíamos ver o seguinte:
As formas
circulares que podemos apreciar na imaxe son os glóbulos vermellos.
Se nos fixamos ben, podemos ver que as troitas teñen glóbulos vermellos con núcleo, mentres que os mamíferos non.
CORRIXIDO
ResponderEliminar