necropsia e frotis sanguíneo dunha troita
Material empregado:
- Necropsia:
o Tesoira
o Bisturí
o Luvas
o Papel
o Bandexa
o Pinzas
- Frotis:
o Xiringa de agulla moi fina
o 2 portaobxectos
o 3 botes de tintura
NECROPSIA
Partes externas da troita
Forma fusiforme que permite desprazarse facilmente na auga. Ten 3 partes:
- Cabeza: vai ata a parte posterior do opérculo
- Tronco: desde a parte posterior do opérculo ata o ano
- Cola: desde o final do tronco ata o extremo da aleta caudal.
O corpo é suavemente curvado, ten forma aerodinámica que lle permite desprazarse con facilidade na auga coa axuda das aletas, a propulsión está a cargo da cola e o equilibrio é función da aleta caudal, da continuidade no movemento iniciado fanse cargo principalmente as aleta dorsal e a anal.
O tamaño é duns 16-17 cm.
A cor da súa pel é prateado verdoso, ten unha superficie viscosa, por debaixo dela pódense ver as escamas.
A liña media esténdese ao longo dos dous lados, desde a cabeza ata a cola, é un órgano que serve para detectar o movemento e as vibracións da auga.
Partes internas da troita
Os órganos haberá que extraelos coidadosamente axudándonos das pinzas e das tesoiras, o primeiro que atopei foi o estómago, despois o fígado, corazón, vexiga natatoria e por último o ril.
Por último na zona da cabeza sácanse os ollos e as branquias, e para extraer o cerebro faise un triángulo na parte superior da cabeza e quítase o cerebro con moito coidado.
FROTIS SANGUÍNEO
Para facer o frotis sanguíneo extráese o sangue cunha xiringa da vea causal, faise na parte do final da liña media, inclinando a agulla uns 450. Ponse unha gota do sangue extraído no extremo dun portaobxectos. O procedemento para conseguir unha boa extensión consiste en apoiar o portaobxectos co que estendemos inclinado por diante da gota e a continuacion movelo amodo cara atrás ata tocar un pouco coa gota, e de seguido facer un movemento continuo cara diante para obter a extensión.
Para tinguir o sangue primeiro déixase secar ao aire e despois introdúcese cinco veces en cada cubeta de tinción, na orde indicada nas súas etiquetas:
1 – Líquido azul claro (panóptico rápido 1)
2 – Tinguidura rosa (panóptico rápido 2)
3 – Tinguidura azul escura (panóptico rápido 3)
Co que obteremos a mostra que imos ver no microscopio
Coa axuda de auga sacamos o excedente, quedaranos como se ve na seguinte imaxe.
Déixase secar e despois observamos a mostra no microscopio.
Obtemos a seguinte imaxe:
No caso dos mamíferos non hai núcleo, por exemplo, a imaxe ao microscopio dunha gota de sangue de can é a seguinte:
CORRIXIDO
ResponderEliminar