viernes, 3 de junio de 2022
Caso 3 ( o can pastor )
Necropsia e frotis sanguíneo
- Seccionaremos o bulbo arterioso para extraer o corazón.
- Coa axuda do bisturí iremos raspando os laterais da vexiga natatoria para separala da carne.
- Faremos igual ca coa vexiga natatoria para extraer o ril.
- Bandeixa (onde teremos o peixe e os órganos extraídos)
- Papel (para evitar manchar)
- Bisturí
- Xiringa con agulla
- Pinzas
- Tesoiras
- Ollos (órganos visuais)
- Boca
- Opérculo (detrás del están as branquias)
- Liña media (órgano sensorial)
- Aleta dorsal (función estabilizadora)
- Aleta adiposa
- Aleta caudal (xera empuxe)
- Pedúnculo (empuxe)
- Aleta anal (función estabilizadora)
- Ano (abertura do tracto dixestivo, expulsa as feces)
- Aleta pélvica (función estabilizadora)
- Aleta pectoral (participa no movemento)
- Esófago (comunica a boca co estómago)
- Estómago (onde dixire a comida)
- Intestino (absorción dos nutrientes)
- Fígado (produce bile, que axuda a dixerir graxas e proteínas, elimina deshechos da sangue e actúa coma unha reserva de alimentos)
- Bazo (centro de actividade do sistema inmune)
- Vexiga natatoria (desinflada) (órgano de flotación)
- Ril (elimina substancias nocivas do sangue e encárgase da osmorregulación [balance auga-sal])
- Ollos (órganos visuais) (non parte interna)
- Encéfalo (parte central do sistema nervioso)
NECROPSIA E FROTIS DUNHA TROITA
- Exame externo: no que investigaremos se a nosa troita presenta lesións externamente e para iso precisamos coñecer as suas partes.
- Exame interno: no que coñeceremos os distintos órganos e aparatos da troita, así como tamén investigaremos se presenta lesións nalgún dos seus órganos.
Unha vez realizado o exame externo e xa coñecidas as partes da troita, vamos levar a cabo o exame interno.
Nesta mostra vemos as células sanguíneas da nosa troita, os glóbulos vermellos. Presentan unha forma case rectangular e podemos observar que a diferenza das nosas células sanguíneas, as da troita si que presentan núcleo.
Necropsia dunha Troita
Neste proxecto falarei dunha necropsia e dun frotis sanguíneo dunha troita.
A necropsia é un exame completo do cadáver dun animal co fin de determinar cambios ou lesións que permitan coñecer as causas da sua morte ou enfermidade.
O frotis sanguíneo é unha técnica científica que consiste en extender unha gota de sangue nun portaobxectos para poder analizala no microscopio.
Material necesario:
- Pinzas
- Tixeiras
- Bisturí
- Luvas
- Un recipiente
- Agulla
- Portaobxectos
- Troita
- Sangue de Troita
NECROPSIA E FROTIS SANGUÍNEO DUNHA TROITA
NECROPSIA TROITA
Unha necropsia é un exame científico externo e interno dun animal, no noso caso unha troita, para saber a causa da súa morte.
Materiais necesarios:
- Unha troita
- Unhas tesoiras
- Un bisturí
- Un par de luvas
- Unhas pinzas
- Unha bandexa ou recipiente para poñer a troita e os órganos que vamos sacando
- Un papel para non manchar
![]() |
| MATERIAL NECESARIO |
Elaboración da necropsia:
- Realizamos un exame externo onde observamos todas as partes da troita e se presenta feridas externas.

EXAME EXTERNO DA TROITA - Agora vamos a realizar o exame interno, onde podemor ver se a troita ten algún órgano mal. Para realizalo primeiro abrimos a troita coas tesoiras pola cavidade abdominal, dende o ano a mandíbula. No exame interno inspeccionamos as cavidades abdominal, craneal e pericárdica.

TROITA ABERTA POLA CAVIDADE ABDOMINAL - Logo observamos todos os órganos do aparato dixestivo e extirpamolos un por un. Comezamos quitando o tubo dixestivo (formado por fígado, intestino, bazo e cegos pilóricos) despegandoo do corpo da troita co bisturí, cando xa este despegado cortamos o principio e o final coa tesoira. Na parte da gorxa tamén podemos encontrar o corazón que é un órgano moi pequeno en forma de pico. Logo seguimos coa vexiga natatoria, que é unha bolsa transparente que ten que estar hinchada. Con moito cuidado vamos despegándoa co bisturí, é moi fráxil entón e moi fácil que rompa (pasoume a min). Logo seguimos co riñon que é un órgano localizado debaixo da vexiga natatoria, é un órgano alargado e negro.

ÓRGANOS EXTIRPADOS - Agora pasamos a sacar o cerebro, vámolo sacar cortando a cabeza en forma de triángulo, para poder ver e sacar o cerebro. Na cabeza atópanse tamén as branqueas, pero nunha parte máis externa.

ABERTURA DA TROITA POLA CAVIDADE CRANEAL
5. Unha vez retirados todos os órganos queda finalizada a necropsia.
BRANQUEAS DA TROITA
Un frotis sanguíneo é un exame de sangue que nos dá información acerca do número e da forma das células sanguíneas.
Materiais necesarios:
- Unha troita para sacarlle sangue
- Unha xeringa de 1ml cunha agulla fina
- Dous portaobxectos
Elaboración do frotis:
- Extraer o sangue da troita cravando a agulla na vea caudal (situada debaixo da liña lateral) cunha inclinación de 45º.
- Dese sangue que acabamos de extraer poñemos unha gota nun extremo dun portaobxectos.
- Agora collemos outro porta obxectos e coa axuda del extendemola, para realizar esta extensión apoiamos o portaobxectos na mesa e co outro extendemolo primeiro cara atrás ata que toque a gota, e logo cara diante (para poder ver ben as células sanguíneas ten que quedar ben extendido).
- A continuación deixamos secar a sangue, cando este seca procedemos a tinguila da seguinte forma:
- Somerxemos a mostra 5 veces en cada tinte do kit de tingadura rápida.
- Primeiro o tinte azul claro (panóptico rápido 1)
- Despois somerxemola 5 veces na tinguidura rosa (panóptico rápido 2)
- Por último outras 5 veces no tinte azul oscuro (panóptico rápido 3)
- Finalmente, para acabar de facer o frotis sanguíneo acláranse os tintes con auga.
![]() |
| FROTIS SANGUÍNEO REMATADO |
![]() |
| VISTA DO FROTIS SANGUÍNEO A MICROSCOPIO |
NECROPSIA TROITA e FROTIS SANGUÍNEO
NECROPSIA TROITA
Unha necropsia consiste en realizar un exame externo e interno do animal morto para coñecer a causa da súa morte.
Para realizar a necropsia, necesitamos os seguintes materiais
-Unha troita
-Un bisturí
-Unhas tesoiras
-Un par de luvas
- Unhas pinzas
-Unha bandexa para pousar a troita
-Un papel para non manchar
Despois de coller os materiais necesarios, damos comezo á necropsia. Os pasos a seguir para a realización da necropsia son:
1- Realizamos un exame externo onde miramos se a troita presenta feridas externas. Unha vez observado isto, pasamos ao seguinte paso.
2- Agora vamos a realizar o exame interno. Onde observaremos se o animal presenta feridas nos seus órganos.
3-Abrimos a troita pola cavidade abdominal, dende o ano ata a mandíbula. Para isto utilizamos as tesoiras.
![]() |
| TROITA ABERTA POLA CAVIDADE ABDOMINAL |
4- Despois disto, vamos a observar os órganos do aparello dixestivo que hai no interior da troita e procedemos a extirpalos con cautela. Tamén, na parte da gorxa ( mais ou menos) encóntrase o corazón da troita. Inspeccionamos as cavidades abdominais, pericárdica e cranial.
![]() |
| PARTES DA TROITA SINALADAS |
5- Comezamos quitando o tubo dixestivo, formado polo fígado, bazo, cegos pilóricose intestino, cortando co bisturí o comezo e o final do mesmo. Para isto, temos que coller un bisturí e ir despegándo estes órganos do corpo da troita.
![]() |
| RIL E TUBO DIXESTIVO |
6-Seguimos coa retirada da vexiga natatoria, que debería estar hinchada, con moita cautela porque é moi fráxil e pode romper ( a min rompeume).
7-Despois de retirar esta, vamos proceder a quitar o ril, que se encontra xusto debaixo da vexiga natatoria, de cor negra e forma alargada.
8-Agora pasamos á cabeza. Recortamos a cabeza realizando un triángulo para, desta forma, poder encontrar e ver o cerebro. Unha vez encontrado retirámolo con precaución.
![]() |
| ABERTURA DA TROITA POLA CABEZA |
| BRANQUIAS DA TROITA |
10-Unha vez retirados todos os órganos, obsérvase se presentan feridas e estúdase a enfermidade pola que morreu, analizando as feridas externas e internas. Despois disto, a necropsia queda finalizada.
FROTIS SANGUÍNEO
Un frotis sanguíneo é un exame de sangue que proporciona información sobre o número e a forma das células sanguíneas.
Para realizar o frotis sanguíneo, necesitamos os seguintes materiais:
-Unha troita
-Unha xeringa
-Dous portaobxectos
Pasos para realizar un frotis:
1-Extraer sangue da troita coa xeringa. Para isto,cravamos a xeringa por debaixo da liña lateral pola parte da cola, cunha inclinación de 45 grados.
2- Dese sangue que extraemos, poñemos unha gota nun portaobxectos.
3- Coller o outro portaobxectos e realizar a técnica do frotis, que consiste en: extender esa gota empregando o outro portaobxectos. Primeiro, extendémola para atrás co portaobxectos inclinado e despois cara a diante, ata o final. Ten que quedar ben extendida
4- Acto seguido, deixámola secar e cando esté seca, procedemos a tinguila con diferentes tintes.
Primeiro sumerxémola 5 veces na tinción azul clarito (panóptico 1)
Despois, facemos o mesmo co tinte rosa (panóptico 2)
Por último, sumerximos a mostra 5 veces na tinción azul escura (panóptico 3)
Despois aclárase con auga e déixase secar. Cando esté seca, poderemos vela no microscopio.
![]() |
| FROTIS SANGUÍNEO REMATADO |
ANÁLISE DA MOSTRA A MICROSCOPIO:
Realizamos un frotis sanguíneo e cando estaba seco, observámolo a microscopio e isto foi o que vimos:
Na mostra podemos ver os glóbulos vermellos. Os glóbulos vermellos dos peixes teñen núcleo, ao contrario que os dos humanos, que carecen de núcleo.
![]() |
| FROTIS SANGUÍNEO |
jueves, 2 de junio de 2022
Caso 4. Copo, o can enfermo
PRESENTACIÓN DO CASO:
Copo, un can da raza grifón de 5 anos, foi encontrado dous días despois da súa desaparición con diversas lesións e síntomas. Presentaba pequenas feridas no costado, unha mancha vermella no beizo e, despois dunha semana, non tiña nin apetito nin forzas, vómitos e as súas feces eran negras. Ademais detrás das orellas atopóuselle 2 carrachas.
Para saber a enfermidade que Copo padecía, observamos mostras do seu frotis sanguíneo baixo o microscopio para así poder comparala con outro frotis san.
Frotis sanguíneo de can san
Frotis sanguíneo de Copo
40x
ANÁLISE DA MOSTRA:
A mostra dada presenta varios déficis observables, como trombocitopenia( poucas plaquetas) e anemia(menos glóbulos roxos do normal).
Ademáis, aínda que non puidemos observar ben a mostra, observamos que pode conter unha bacteria na sangue, o que nos leva a plantexar distintas hipóteses: Anaplasmosis, Enfermedade de Lyme e Babesiosis.
HIPÓTESES:
1. Anaplasmosis.
Esta enfermedade é causada por carrachas que atópanse, á súa vez, parasitadas pola bacteria Anaplasma phagocytophilum, que ingresa no organismo do can, e que son capaces de provocar diversas enfermidades, como a anemia. As garrapatas aliméntanse do sangue, e para iso deben prenderse do animal. Nese momento é cando se pode producir o contaxio e para iso a garrapata debe estar durante un mínimo de 18-24 horas, período no que a Copo tardáronlle en saír os síntomas. Ademáis nas mostras que analizamos podemos observar unha deficiencia na sangue, polo tanto iso pode ser unha proba da nosa hipótese.
Algúns síntomas desta enfermidade poden ser: febre, vómitos, a anemia, a falta de enerxía e as feces negras, síntomas que coinciden co que padecía o can.
A Anaplasmosis pódese detectar no frotis sanguíneo cando a mostra aparece desta forma:
2. Enfermedade de Lyme:
A enfermedade de Lyme, o borreliosis canina, é causada pola bacteria Borrelia burdogferi, e é transmitida polas carrachas do xénero Ixodes. Esta enfermidade provoca diversos problemas de saúde que poden ser artritis, nefritis etc.
Os síntomas que se asocian con esta enfermidade son: febre, falta de apetito, depresión, que solen derivar á inflamación ou deformación de las articulaciones. Se a enfermidade ser complica, poden existir lesions internas a órganos, problemas renales ou retención de liquidos nas patas e debaixo da pel. Estos síntomas que o can presenta tendo esta enfermidade vanse presentando progresivamente aos días ou semanas despois de ser picado. En consecuencia a todo insto, a enfermidade de Lyme pode chegar a ser mortal si non e dianosticada e tratada a tempo.
Como non temos datos suficientes ou forma de detectar a bacteria na nosa mostra, non podemos concluír que é borreliosis.
3. Babesiosis
A Babesiosis ou piroplasmosis é unha enfermidade producida polo hemoparasito Babesia canis, que é transmitida polas carrachas. Estos parasitos reprodúcense dentro dos glóbulos vermellos, producindo como consecuencia a anemia, que en ocasións pode ser moi intensa producir un fallo hepático ou renal.
Os síntomas que se poden detectar nesta enfermidade son: febre, falta de apetito, falta de forzas, vómitos, cor máis oscuro na orina e palidez das mucosas. A evolución da enfermidade puede ser moi rápida, entre un e dous días aproximadamente, por iso é importante poñer tratamiento canto antes.
Ademáis de que os síntomas coinciden co do noso can, a piroplasmosis ou babesiosis é unha enfermidade endémica en Galicia, é dicir, é moi común atopar esta afectación nos cans aquí en Lugo . Unha mostra de sangue coa bacteria da Babesia canis vese desta maneira:
CONCLUSIÓN:
Podemos concluír que é Babesiosis, porque tanto os síntomas como a mostra coinciden con esta enfermidade.
Carolina Fernández Gómez
Sofia Carrizo Gallardo
Ana Dopico Morán
Fontes de información:
https://www.expertoanimal.com/anaplasmosis-en-perros-sintomas-y-tratamiento-24079.html
https://hvnachomenes.com/blog/por-que-mi-perro-tiene-sangre-en-las-heces/#:~:text=Hematoquecia%20o%20heces%20con%20sangre%20fresca.&text=Estas%20ser%C3%ADan%20algunas%20de%20las,acompa%C3%B1adas%20de%20gotas%20de%20sangre.
https://www.mascotasaludable.mx/posts/blog-post20.aspx#:~:text=%C2%BFQU%C3%89%20ES%20LA%20BORRELIOSIS%20CANINA,enfermedad%20es%20conocida%20desde%201984.
https://clinicacanis.com/babesiosis-canina-una-vieja-conocida/




























